Ricardo Miser Viriato, nado en Tui e finado en Ribeira a finais de novembro de 1900Diario de Pontevedra, 30-11-1900, p. 2., foi un xornalista galego.

Traxectoria Masón. Dirixiu La Tranca e a segunda etapa de El Látigo de Pontevedra. Presidiu o triángulo masónico El Progreso de Vigo que promoveu o periódico El Progreso e dirixiu o Colegio Laico de Vigo, de primeira e segunda ensinanza e de adultos. En 1894 tivo que exiliarse en Portugal para evitar un proceso por suposto delito contra as institucións. En Lisboa dirixiu La Unión Galaica.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Tui Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Finados en 1900 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Autores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en ano descoñecido