miniatura|264px|Reforzo transversal de duraluminio afectado polo incendio do dirixible LZ 129 Hindenburg, recuperado do lugar onde caeu, na Base Aérea McGuire, Nova Jersey, o 6 de maio de 1937. miniatura|150px|Peza usada no dirixible USS Akron. O duraluminio é unha aliaxe de aluminio (> 90 %) con cobre (3-5 %), magnesio (0,4-2,4 %) e manganeso (0,3-1 %) e, ás veces, unha pequena porcentaxe de silicio. Pertence á familia das aliaxes aluminio-cobre.
Foi descuberto accidentalmente en 1908 polo químico e enxeñeiro metalúrxico alemán Alfred Wilm (1869-1937),duraluminium en Ortolang Consultada o 31 de marzo de 20p12. en Düren (Alemaña),L’aluminium historique por Gérard Hartmann, p. 7. aínda que non foi introducido na industria até 1909.J. Dwight. Aluminium Design and Construction. Routledge, 1999.
Antes de ser sometido a un tratamento térmico, a aliaxe é dúctil e maleábel. Pero co tratamento térmico, unha reacción entre o aluminio e o magnesio provoca un aumento na dureza e a resistencia á tracción.
Propiedades O seu peso lixeiro e outras propiedades físicas fixeron que o duraluminio fora amplamente utilizado na industria aeroespacial desde a década de 1920. As súas principais característica son a grande resistencia á tracción e a súa moi elevada resistencia mecánica a temperatura ambiente.ASM Handbook. Volume 2, En Properties and Selection: Nonferrous alloys and special purpose materials. ASM, 2002. Porén, a súa resistencia á corrosión, soldabilidade e aptitude para o anodizado son baixas.
Boa mecanización. Pouca resistencia á abrasión. Pouca resistencia á corrosión.
Aplicacións
Os duraluminios empréganse especialmente na industria aeronáutica e na de automoción.J. Snodgrass and J. oran. Corrosion Resistance of Aluminum Alloys. In Corrosion: Fundamentals, Testing and Protection, volume 13a of ASM Handbook. ASM, 2003.
Son aliaxes das máis usadas, dentro dos aluminios, que permiten aplicacións até hai pouco reservadas aos aceiros. Parafusos. Moldes de soprado. Mosquetóns. Estampacións. Utensilios diversos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Aliaxe Aliaxes de aluminio Aluminio
Ligazóns externas L’aluminium historique por Gérard Hartmann Consultada o 31 de marzo de 2015.
Categoría:Aluminio Categoría:Aliaxes Categoría:Materiais