miniatura|dereita|300px|Esquema de trnasicións e transversións.
En xenética, unha transversión é unha mutación puntual no ADN consistente na substitución dun nucleótido púrico (molécula de dous aneis) por outro pirimidínico (dun anel) ou viceversa. Só pode ser revertida por outra mutación espontánea.
O tipo de mutación alternativa (púrica por púrica ou pirimidínica por pirimidínica) denomínase transición. Aínda que hai o dobre de posibles tipos de transversións que de transicións, as transversións son menos frecuentes. Ademais, é menos probable que as transicións dean lugar a substitucións de aminoácidos (debido ao "cambaleo"), e, por tanto, é menos probable que persistan como "substitucións silenciosas" en poboacións como polimorfismos dun só nucleótido (SNPs).Diagram at mun.ca Unha transversión ten xeralmente un efecto máis pronunciado que unha transición porque o terceiro nucleótido dos codóns é o principal responsable da dexeneración do código xenético, que é máis tolerante ás transicións que ás transversións, polo que é máis probable que despois dunha transición o codón siga codificando o mesmo aminoácido.
As transversións poden ser espontáneas ou poden ser causadas pola radiación ionizante ou axentes alquilantes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Transición
Ligazóns externas
Nikolay's Genetics Lessons, 2014 Transition versus Transversion mutations (how to memorize) Vídeo de Youtube.
Categoría:Mutacións