El Argentino foi unha revista editada en Pontevedra entre 1888 e 1889.
Historia e características Subtitulada Revista quincenal de agricultura, industria y comercio, apareceu o 1 de setembro de 1888. Fundada e dirixida por Cosme Fernández Soler, a seu editor era José A. Antúnez. Repartiuse gratuitamente co obxectivo de dar a coñecer o estado florecente da República Arxentina e as súas condicións laborais favorables para fomentar a emigración a ese país. Cesou a súa publicación en maio de 1889.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Diáspora galega Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1888 en Galicia