El Iris Literario foi unha revista editada en Pontevedra entre 1888 e 1889.
Historia e características Revista quincenal que apareceu o 1 de outubro de 1888. Foron os seus redactores Gerardo Álvarez Limeses, Eduardo Pardo Gómez, Casimiro Velo, Ramón Vázquez, Sandalio García e Máximo Tomé, e entre os seus colaboradores figuraron Javier Valcarce Ocampo e Víctor Said Armesto. Cesou a súa publicación o 9 de xaneiro de 1889.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra
Categoría:1888 en Galicia