O gumuz é un continuo dialectal considerada linguaEthnologue falada entre Etiopía e o Sudán e clasificada dentro da familia nilo-sahariana. A maioría dos falantes en Etiopía viven nas zonas Kamashi e Metekel da rexión de Benishangul-Gumuz, non obstante uns 1000 viven en aldeas próximas á cidade de Welkite na rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur.Unseth, Peter. 1989. "Selected aspects of Gumuz phonology." In Taddese Beyene (ed.), Proceedings of the eighth International Conference on Ethiopian Studies, vol. 2, 617-32. Addis Ababa: Institute of Ethiopian Studies. Os falantes sudaneses viven nunha área ao leste de Er Roseires, arredor de Famaka e Fazoglo no Nilo Azul.Raymond G. Gordon, Jr, ed. 2005. Ethnologue: Languages of the World. 15th edition. Dallas: Summer Institute of Linguistics.
O primeiro testemuño escrito da lingua foi unha lista de palabras recollidas na zona do Monte Guba en febreiro de 1883 por Juan María Schuver.Wendy James, et al., Juan Maria Schuver's Travels in North East Africa, 1880-1883 (London: Hakluyt Society, 1996), pp. 340-43
Variedades As variedades gumuz non son intelixibles entre si, e as formas gramaticais son distintas entre as variedades do norte e do sur.Ahland, Colleen Anne. 2004. "Linguistic variation within Gumuz: a study of the relationship between historical change and intelligibility." M.A. thesis. University of Texas at Arlington.
Fonoloxía Gumuz conta tanto con consoantes exectivas como con implosivas. Nalgúns dialectos estase a perder en posición velar. Hai unha serie de consoantes palatais, tanto exectivas como implosivas. Os tons son alto e baixo, con abaixamento tonal distintivo.Colleen Ahland, 2012. "A Grammar of Northern and Southern Gumuz", Doctoral Dissertation, University of Oregon. Nalgúns dialectos como o de Sirba aparecen oclusivas bilabiales simultaneamente labializadas e palatalizadas, como na palabra 'rata' Gramática O gumuz é unha AVO, con caso nominativo marcado, así e todo no norte a orde é AOV, probablemente por influencia do amhara .
Notas
Categoría:Linguas nilo-saharianas Categoría:Linguas do Sudán Categoría:Linguas de Etiopía