Juan Martínez Míguez, tamén coñecido como Vilafíns e Villafíns en lembranza do seu paiAsinaba ("Villafínez hijo")., nado en Santiago de Compostela en 1919 e finado na mesma cidade en 1985, foi un pintor galego.

Traxectoria Único fillo do tamén pintor Lino José Martínez Villafínez, tivo un estilo pictórico semellante a el, de xeito que ás veces son confundidos. O 30 de marzo de 1941 fixo a súa primeira exposición de debuxos xunto a obras do seu pai no Centro Compostelán de VigoEl Pueblo Gallego, 30-3-1941, p. 2., onde semella que obtivo un grande éxito, vendéndoo todo. O 30 de xuño deste ano inaugurou unha exposición con corenta e dúas obras, debuxos, acuarelas e pastel, no Salón da Unión Protectora de Artesáns, en SantiagoEl Pueblo Gallego, 1-7-1941, p. 5., cunha magnífica acollida da críticaEl Compostelano, 3-7-1941, p. 1. Esta fonte afirma que foron expostas só trinta e oito obras..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Galantiqua (en castelán).

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes