miniatura|O apóstolo, fragmento dun manuscrito asomtavruli

A caligrafía xeorxiana () é unha forma de caligrafía, ou escrita artística da lingua xeorxiana usando os seus tres alfabetos.

Historia Xeorxia goza dunha rica e longa tradición caligráfica, o cristianismo e a Igrexa Ortodoxa Xeorxiana xogaron un papel fundamental na creación e difusión de manuscritos, converténdoos nun fenómeno cultural e nacional ao rexistraren os monxes os acontecementos históricos xeorxianos.ქართველ მხატვარ-კალიგრაფთა კავშირი

No interior de Xeorxia o reino de Taoklarjeti foi o centro cultural do país e nel traballaron a maioría dos grandes mestres da arte caligráfica xeorxiana. Fóra de Xeorxia, os monxes xeorxianos tamén crearon manuscritos xeorxianos en varios mosteiros, como o de Bachkovo (Bulgaria), Iviron (Monte Athos), da Cruz e Mar Saba (Xerusalén), Santa Catarina (Sinaí), Antioquía e Constantinopla

En Xeorxia cada ano conmemórase o 14 de abril o Día da Lingua Xeorxiana, entre as actividades máis populares están os concursos de caligrafía, recibindo os gañadores os seus galardóns no Centro Nacional de Manuscritos de Xeorxia.

Galería

Notas

Ligazóns externas საქართველოს კალიგრაფთა კავშირი (Unión de Calígrafos de Xeorxia) კალიგრაფია თუ ფონტი? ვის აქვს ყველაზე ლამაზი ხელწერა საქართველოში და როგორ გადახატეს „ვეფხისტყაოსნის” აფორიზმები კონკურსანტებმა

Categoría:Caligrafía xeorxiana