Peter Bogdanovich, nado en Kingston (Nova York) o 30 de xullo de 1939 e finado nos Ánxeles o 6 de xaneiro de 2022, foi un director, guionista, actor, produtor, crítico e historiador do cinema estadounidense. Formou parte do "New Hollywood", xunto con William Friedkin, Brian De Palma, George Lucas, Martin Scorsese, Michael Cimino e Francis Ford Coppola.
Traxectoria Bogdanovich naceu no estado de Nova York, fillo de Herma Robinson, xudía austríaca e Borislav Bogdanovich, pintor e pianista serbio ortodoxo, que chegaron aos Estados Unidos en maio de 1939. Comezou como actor na década de 1950, estudando con Stella Adler e aparecendo na televisión. A principios da década seguinte foi programador cinematográfico no Museum of Modern Art de Nova York.
En 1968, seguindo o exemplo do críticos de Cahiers du Cinéma decidiu converterse en director e marchou aos Ánxeles. O primeiro traballo ofreceullo o director Roger Corman. En 1971 dirixiu A derradeira película, o seu filme mellor recibido, que foi candidato a oito premios Oscar e no que tiña un papel importante a modelo de vinte e un anos Cybill Shepherd, coa que viviu un romance. Tras este filme logrou outros dous éxitos con What's Up, Doc? (1972) e Lúa de papel.
Porén, Daisy Miller ou Nickelodeon foron fracasos. En 1980 dirixiu a comedia They All Laughed, con Dorothy Stratten, antiga modelo que mantivo unha relación con Bogdanovich. Stratten foi asasinada polo seu marido, e o propio Bogdanovich tivo que encargarse da distribución do filme. Máis tarde indicou que este foi o motivo polo que se declarou en bancarrota en 1985.Bogdanovich Files for Bankruptcy: Film's Failure Led to $6.6 Million in Debts Bankrupt By David Crook Los Angeles Times. The Washington Post (1974-Current file) [Washington, D.C] 19 de decembro de 1985: C1. O 30 de decembro de 1988 casou con Louise Stratten, irmá máis nova de Dorothy, de vinte anos; o matrimonio foi visto como un escándalo.Bogdanovich Weds Sister of His Murdered Lover Los Angeles Times (1923-Current File) [Los Angeles, Calif] 03 Jan 1989: V2.
Acadou un novo éxito en 1985 con Mask, pero o seguinte proxecto, a continuación de A derradeira película, titulada Texasville foi un fracaso de público e crítica. Os dous filmes provocaron disputas entre Bogdanovich e os estudios, que controlaban o financiamento e a montaxe final. Os seguintes filmes foron outros fracasos e levaron a Bogdanovich a apartarse durante anos da dirección. En 1997 declarouse de novo en bancarrota."Director Bogdanovich Declares Bankruptcy" LA Times 4 de xuño de 1997|ANN W. O'NEILL | TIMES STAFF WRITER consultado o 17 de xuño de 2013
Ademais de dirixir televisión, recuperou a interpretación cun papel recorrente como psicoterapeuta na serie The Sopranos.
Filmografía Director Ano Filme Notas 1968 Voyage to the Planet of Prehistoric Women Acreditado como Derek Thomas Targets 1971 Directed by John Ford Documental A derradeira película 1972 What's Up, Doc 1973 Lúa de papel 1974 Daisy Miller 1975 At Long Last Love 1976 Nickelodeon 1979 Saint Jack 1981 They All Laughed 1985 Mask 1988 Ilegalmente teu 1990 Texasville 1992 Noises Off 1993 The Thing Called Love 1996 To Sir, with Love II TV 1997 The Price of Heaven TV Rescuers: Stories of Courage: Two Women TV 1998 Naked City: A Killer Christmas TV 1999 A Saintly Switch TV 2001 The Cat's Meow 2004 The Mystery of Natalie Wood TV Hustle TV 2007 Runnin' Down A Dream Documental 2014 She's Funny That Way
Actor Targets (1968) Saint Jack (1979) Highball (1997) Bella Mafia (1997) Mr. Jealousy (1998) 54 (1998) Coming Soon (1999) Festival in Cannes (2001) Infamous (2006) Dedication (2007) The Dukes (2007) The Fifth Patient (2007) Broken English (2007) Humboldt County (2008) Abandoned (2010) Queen of the Lot (2010) The Between (2013) Cold Turkey (2013) The Tell-Tale Heart (2014) You Are Here (2014) Pearly Gates (2015)
Libros 1961: The Cinema of Orson Welles 1962: The Cinema of Howard Hawks 1963: The Cinema of Alfred Hitchcock 1967: John Ford (expanded 1978) 1969: Fritz Lang in America 1970: Allan Dwan: The Last Pioneer 1973: Pieces of Time (estendido en 1985) 1984: The Killing Of The Unicorn - Dorothy Stratten 1960-1980]]. William Morrow and Company; ISBN 0-688-01611-1. 1992: This is Orson Welles. HarperPerennial; ISBN 0-06-092439-X. 1995: A Moment with Miss Gish. Santa Barbara: Santa Teresa Press.A Moment with Miss Gish, WorldCat.org; consultado o 27 de novembro de 2014. 1997: Who The Devil Made It: Conversations with Legendary Film Directors. Alfred A. Knopf; ISBN 0-679-44706-7. 1999: Peter Bogdanovich's Movie of the Week. 2004: Who the Hell's in It: Conversations with Hollywood's Legendary Actors. Alfred A. Knopf; ISBN 0-375-40010-9.
Nota
Véxase tamén
Bibliografía Yule, Andrew, Picture Shows: The Life and Films of Peter Bogdanovich, Limelight, 1992 Ligazóns externas
Who the Hell's in It en Seattle Weekly Blog de Bogdanovich en indiewire
Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Ulster, Nova York Categoría:Nados en 1939 Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia austríaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia serbia Categoría:Finados en 2022