O Museo Naval de Ferrol está situado dentro da base Naval de Ferrol, no antigo Cuartel de Presidiarios coñecido como San Campio, foi proxectado en 1765, lugar onde se aloxaban os presidiarios mentres duraban os traballos de construción, reparación e limpeza dos buques.

Este museo ten magníficos modelos de barcos de grandes dimensións, cartografía, canons, armamento antisubmarinos, velas, instrumentos de navegación, traxes de mergullo, bandeiras, maquetas de barcos e outro tipo de aparellos relacionados co mar.

Historia A partir de 1970 comezan a recompilarse e catalogarse obxectos dispersos polas múltiples dependencias que, xunto cos da recuperación dos restos do pecio da fragata Santa María Magdalena, afundida na ría de Viveiro ano 1810, propician a creación do Museo Naval, inaugurado o 5 de marzo de 1986.

Ademais pódese ver unha variada colección de cartografía con pezas destacables como o Atlas de Tofiño. Tamén hai numerosas maquetas de todo tipo de buques e maquetas de batallas navais importantes, proxectís de artillaría e torpedos de varios tipos e calibres.

Neste mesmo recinto sitúase a Biblioteca Naval de Ferrol, que ten máis de 40.000 volumes e varios libros antigos, o máis vello de 1601.Biblioteca Naval Creada en 1872 polo capitán xeneral do Departamento, Miguel Lobo Malagamba, con fondos duplicados da Biblioteca Central de Madrid e da Biblioteca do Observatorio da Mariña de San Fernando. Contén os fondos da antiga Biblioteca de Gardamariñas do século XVIII e da primitiva Escola de Enxeñeiros Navais tamén creada en Ferrol.

Contido Entre os seus obxectos pódense observar restos mariños fosilizados, mecanismos de artes náuticas, compases, mascaróns de proa, cadros e gravados con temática mariñeira, cartas mariñas antigas e documentos históricos.

Presenta información de todos os navíos construídos en Ferrol de 1751 a 1984.

No interior, ademais, exhíbese unha áncora medieval rescatada do fondo da dársena do porto da vila de Mugardos, na ría ferrolá.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Exposición Nacional da Construción Naval

Bibliografía LOS CRUCEROS ESPAÑOLES, "Crónica versus historia 1875-1975", Campanera I Rovira, Albert. Edición 2014. ISBN 978-84-941347-4-6

Ligazóns externas Arquivo Naval de Ferrol

Categoría:Museos da provincia da Coruña Categoría:Ferrol