Celso Castro López, nado na Coruña o 4 de agosto de 1962, é un escritor e poeta galego en lingua castelá.
Traxectoria As súas primeiras publicacións foron escritas baixo o pseudónimo M. de Verganza; foi no libro Dos noches cando empezou a publicar co seu propio nome. Algunhas características da súa narrativa son unha puntuación escasa ou o feito de prescindir do uso das maiúsculas, o cal dificulta a catalogación das súas obras nun único xénero.
Colabora en revistas de poesía como Nordés ou Clave Orión, así coma noutras publicacións literarias e culturais.
Obra Poesía Preséntase parte da súa obra nas antoloxías: Aldea poética I, co pseudónimo "M. de Verganza”, editorial opera prima, 1997. Aldea poética II, co pseudónimo "M. de Verganza”, editorial opera prima, 2000.
Relato El amor es un cuento, o seu relato la cuervo co pseudónimo "M. de Verganza”, editorial opera prima, 2000. Mi madre es un pez, editorial libros del silencio, 2011. Mi difusa enfermedad, Proyecto Lumbre nº 10, 2015.
Narrativa De las cornisas, co pseudónimo “M. de Verganza”, editorial Opera prima, 1995. xa co seu nome: Dos noches, editorial Opera prima, 2001. El cerco de beatrice, Ediciones del viento, 2007. El afinador de habitaciones, editorial Libros del silencio, 2010. Astillas, editorial libros del silencio, 2011. Entre culebras y extraños, Ediciones Destino, 2015. Sylvia, Ediciones Destino, 2017. Las brujas, Ediciones Destino, 2020. El gran ensueño, La navaja suiza editores, 2025.
Galardóns VI premio opera prima de novos narradores, que concede a editorial española opera prima, 2003.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas El afinador de habitaciones, blog do autor.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Novelistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1962