O nihilismo (do latín , nada) é unha doutrina filosófica que suxire a negación dun ou varios aspectos significativos da vida. Adoita presentarse en forma de nihilismo existencial, argumentando que a vida carece dun significado obxectivo, propósito ou valores intrínsecos.Alan Pratt define o nihilismo existencial coma "a noción de que a vida non ten significado ou valor intrínseco" Internet Encyclopaedia of Philosophy O nihilismo afirma que a moralidade non existe inherentemente e que calquera valor moral establecido é forzado abstractamente. Tamén pode adoptar formas epistemolóxicas ou ontolóxicaa/metafísicas, significando respectivamente que nalgúns aspectos o coñecemento non é posible, ou que a realidade non existe verdadeiramente. O termo nihilismo foi empregado por primeira vez por Friedrich Heinrich Jacobi (1743–1819), que o usou para caracterizar o racionalismoGeorge di Giovanni, Friedrich Heinrich Jacobi, The Stanford Encyclopaedia of Philosophy (Edición de 2008), Edward N. Zalta (ed.). Stanford.edu e en particular a filosofía crítica de Immanuel Kant.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Teorías metafísicas