miniatura|250px|Flor de Strelitzia nicolai. Strelitzia é un xénero de plantas fanerógamas monocotiledóneas (magnoliópsidas), o tipo da familia das estrelitziáceas, propias de Suráfrica.
Características As Strelitzia son plantas herbáceas perennes, de porte característico arbustivo, con grandes follas coriáceas e carnosas.
O xénero contén só especies surafricanas, pero Strelitzia reginae e Strelitzia nicolai cultívanse frecuentemente en xardíns tropicais de todo o mundo como plantas ornamentais, e son coñecidas como aves do paraíso, debido á forma da flor, que recorda a cabeza destas aves.Strelitzia (Bird of Paradise) en Our House Plants .
Taxonomía Descrición O xén ero foi descrito en 1789 polo botánico escocés William Aiton.Strelitzia Aiton no ITIS.
Etimoloxía Co nome do xénero Aiton, que foi designado en 1759 director do novo Real Xardín Botánico de Kew (Londres), onde permaneceu até a súa morte en 1793, honrou a memoria da raíña Carlota de Inglaterra, esposa do rei Xurxo III do Reino Unido, princesa alemá filla de Carlos II, gran duque de Mecklenburg-Strelitz, que era moi afeccionada á botánica, e foi unha das colaboradoras dese Real Xardón Botánico.
Especies Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), o xénero só inclúe dúas especies: Strelitzia nicolai Regel & Körn. Strelitzia reginae Aiton
Porén, o Kew Garden World Checklist (20 de marzo de 2012),recoñece as cinco especies seguintes, que recolle tamén a Encyclopedia of Life:Kew Checklist .Strelitzia na EOL. Strelitzia alba (L. f.) Skeels, 1788 Strelitzia caudata R. A. Dyer, 1946 Strelitzia juncea Link, 1821 Strelitzia nicolai Regel & K. Koch, 1858 Strelitzia reginae Banks., 1788
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Eliovson, Sima (1981): Shrubs, trees, and climbers. Wynberg, Cabo Occidental, Suráfrica: Macmillan South Africa. ISBN 0-8695-4011-4. Consultado o 30 de xaneiro de 2019.
Outros artigos Ave do paraíso (planta) Estrelitziáceas
Ligazóns externas Angiosperm Phylogeny Website . Como cultivar y curar las plantas: la Strelitzia, más conocida como Flor de pájaro o ave del Paraíso .
Categoría:Zingiberales Categoría:Flora de África Categoría:Xardinaxe Categoría:Plantas ornamentais