A das Zinxiberales (Zingiberales) é unha orde de plantas anxiospermas monocotiledóneas.
Características Son semellantes ás bromeliales (que só inclúe a familia das bromeliáceas), das que se diferencian polas súas flores dorsiventrais ou asimétricas, pola transformación progresiva (retrogresión) dos estames en estaminodios corolinos, así como pola presenza de endosperma e perisperma nas sementes. Trátase de plantas herbáceas rizomatosas propias dos países intertropicais, que ás veces desenvolven falsos caules e grandes s de bordo enteiro,Strasburger, E. (1994): Tratado de botánica. Barcelona: Ediciones Omega, S.A. ISBN 84-282-0979-0, páx. 857. (como se pode ver na figura á dereita).
Taxonomía A orde foi descrita en 1854 polo botánico alemán August Heinrich Rudolf Grisebach. (Grundr. Syst. Bot.: Schema p. 68)
Esta orde está amplamente recoñecida polos taxonomistas, polo menos durante as últimas décadas, e inclúe moitas plantas ben coñecidas, como o xenxibre, o cardamomo, e a cúrcuma, da familia das cinxiberáceas, a ave do paraíso, da familia das estrelitziáceas, ou a bananeira, que pertence á das musáceas.
A orde está integrada no clado ou grupo monofilético das commelíninas (Commelinanae) clado dentro do sistema APG II de clasificación de plantas con flores (anxiospermas), 2003.
Este é único clado que o AGP considera dentro das monocotiledóneas; as monocotiledóneas restantes son un grupo parafilético. Este clado está integrado, ademais de pola familia das Dasypogonaceae, polas ordes das Arecales, Commelinales, 'Poales e Zingiberales.
As especies da orde das Zingiberales, xunto coas da orde das Commelinales, parece que evolucionaron hai ao redor de 80 millóns de anos, durante o cretáceo.
Familias Tanto os sistemas de clasificación tradicionais (como o Sistema de Cronquist) como as recentes clasificacións filoxenéticas, como a APG II, recoñecen dentro da orde das Zingiberales as seguintes oito familias:Zingiberales no ITIS. Cannáceas (Cannaceae) Juss. Costáceas (Costaceae) Nakai Heliconiáceas (Heliconiaceae) Vines Lowiáceas (Lowiaceae) Ridl. Marantáceas (Marantaceae) R.Br. Musáceas (Musaceae) Juss. Estreliitciáceas (Strelitziaceae) Hutch. Cinxiberáceas (Zingiberaceae) Martinov
Algunhas especies
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Zingiberales en Angiosperm Phylogeny Website .
Categoría:Zingiberales