Måns Petter Albert Sahlén Zelmerlöw é un cantante e actor sueco. É coñecido por formar parte do talent-show Idol na tempada de 2005, quedando quinto, gañar a primeira tempada de Let's Dance e pola súa canción de 2007 "Cara Mia" que intentou gañar o Melodifestivalen dese ano. Zelmerlöw foi o presentador de Allsång på Skansen dende 2011 a 2013. Participou no Melodifestivalen en 2007, 2009 e gañou no 2015. Representou a Suecia no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "Heroes", resultando gañador.
Biografía Naceu en Lund, Måns Zelmerlöw é fillo de Birgitta Sahlén, profesora na Universidade de Lund, e Sven-Olof Zelmerlöw. Zelmerlöw estudou música no instituto en Lund e formou parte no coro deste. En 2002 formou parte do elenco do musical Joseph and the Amazing Technicolor Dreamcoat en Malmö.
Carreira 2005: Idol
Zelmerlöw comezou a súa carreira pública en 2005, onde formou parte na segunda tempada de Idol, na TV4; rematou nunha quinta posición e acabou eliminado o 11 de novembro, após oito semanas do programa. Quedou dúas veces entre os tres últimos e unha vez entre os dous últimos.
Semana #TemaCanción elixidaArtista orixinalAudiciónN/A"Hero"Enrique IglesiasClasificación finalN/A"Flying Without Wings"WestlifeSemana 1My Own Idol"Millennium"Robbie WilliamsSemana 280's"The Look"RoxetteSemana 3Swedish Hits"Astrologen"Magnus UgglaSemana 4Pop Hits"Escape"Enrique IglesiasSemana 5Disco"Relight My Fire"Dan HartmanSemana 6Cocktail"It's Not Unusual"Tom JonesSemana 7 (1)Rock"Beautiful Day"U2Semana 7 (2)Rock"The Reason"Hoobastank
2006: Let's Dance Zelmerlöw formou parte da primeira tempada do Let's Dance en 2006, colaborando con Maria Karlsson, e rematou gañando a final contra a cantante Anna Book.
No mesmo ano, el formou parte da versión sueca do musical Grease, actuando no rol de Danny Zuko. Como resultado, Zelmerlöw firmou co selo discográfico M&L Records, unha división de Warner Music Group, para lanzar un álbum.
2007-08: Melodifestivalen e Stand by For... esquerda|thumbnail|200px|Zelmerlöw actuando no 2009 En novembro de 2006 anunciouse que Zelmerlöw ía participar no Melodifestivalen 2007, final nacional para o Festival de Eurovisión 2007, que tería lugar en Helsinqui, Finlandia. El competiu coa canción "Cara Mia" na terceira semi-final o 17 de febreiro de 2007 en Örnsköldsvik, e conseguiu chegar á final, o 10 de marzo no Ericsson Globen, en Estocolmo. A canción quedou finalmente terceira por detrás dos gañadores The Ark e o segundo Andreas Johnson. "Cara Mia" foi lanzado como sinxelo do primeiro álbum de Zelmerlöw Stand by For.... O álbum conseguiu o número 1 en Suecia e foi certificado como álbum de platino pola IFPI. Os catro sinxelos do álbum entraron no Top 50 en Suecia. O álbum tamén foi lanzado en Polonia en setembro de 2007.
O 5 de outbro de 2007 foi o presentador do Lilla Melodifestivalen na SVT. El tamén participou na versión musical de Footloose, co papel de Tommy. O musical tivo lugar en Gotenburgo e Estocolmo. En 2008 participou no Diggiloo tour con cantantes como Lasse Holm, Linda Bengtzing, Lotta Engberg, Thomas Pettersson, Molly Sandén e Nanne Grönvall.
2009: Melodifestivalen e MZW O 18 de novembro de 2008, foi anunciado de novo a participación de Zelmerlöw no Melodifestivalen, esta vez coa canción "Hope & Glory". El formou parte da segunda semi-final o 14 de febreiro de 2009 e outra vez conseguiu pasar á final o 14 de marzo no Globen. "Hope & Glory" rematou nunha cuarta posición.
En 2008 Zelmerlöw volveu ao estudio para traballar no seu segundo álbum, MZW, que foi lanzado en marzo do 2009. Este foi certificado como disco de ouro polo IFPI e conseguiu unha primeira posición na Swedish Album Charts. O álbum foi tamén lanzado en Polonia.
2013-14: Barcelona Sessions 150px|thumbnail|dereita|Zelmerlöw en Skansen no 2013 En marzo de 2013, Zelmerlöw revelou plans do seu terceiro álbum, Barcelona Sessions, desvelando o seu novo sinxelo, "Broken Parts". En setembro de 2013, Zelmerlöw desvela o seu segundo sinxelo do álbum, chamado "Beatiful Life". O álbum lanzouse o 5 de febreiro de 2014.
Zelmerlöw participou como compositor no Melodifestivalen 2013 coa canción "Hello Goodbye", cantada por Erik Segerstedt e Tone Damli.
2015-actualidade: Festival de Eurovisión
Zelmerlöw participou unha vez máis no Melodifestivalen en 2015 coa canción "Heroes". Zelmerlöw gañou a final con 288 puntos e representará a Suecia no Festival de Eurovisión 2015 en Viena, Austria. No mesmo certame, el foi o compositor da canción "Det rår vi inte för" cantada por Behrang Miri.
Vida persoal Zelmerlöw ten unha irmá máis nova. Xoga ao fútbol, ao tenis e ao golf. Entre 2008 e 2011, tivo unha relación coa cantante e modelo sueca Marie Serneholt, antiga membro da banda sueca A-Teens. O 26 de decembro de 2004, el e a súa familia sobreviviron ao terremoto do Océano Índico 2004 mentres estaban de vacacións en Khao Lak, Tailandia.
Polémicas En marzo de 2014, mentres estaba de invitado nun programa sueco de cociña, Zelmerlöw comentou que a homosexualidade era unha "desviación" para el. Máis tarde, pediu desculpas varias veces polas súas declaracións.
Discografía Stand by For... (2007) MZW (2009) Christmas with Friends (2010) Kära vinter (2011) Barcelona Sessions (2014)
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Cantantes de Suecia Categoría:Nados en 1986 Categoría:Representantes de Suecia en Eurovisión Categoría:Nados en Lund Categoría:Gañadores de Eurovisión Categoría:Cantantes en lingua sueca