miniatura|350px|Núcleo dunha célula mostrando a localización da eucromatina. A eucromatina é unha forma de cromatina que só está lixeiramente empaquetada, que contén unha gran concentración de xenes, e está xeralmente (pero non sempre) en activa transcrición. Comprende a porción menos condensada da cromatina e que se tingue menos con colorantes vista ao microscopio; a outra porción, máis condensada e tinguida, denomínase heterocromatinaBruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. 1986. Omega. Barcelona. Páxinas 488-489. ISBN 84-282-0752-6.. Secuenciouse o 99 % do xenoma humano eucromático.
Estrutura A estrutura da cromatina lembra a un colar de perlas despregado, no que cada unha das partículas grosas ("perlas") do colar son nucleosomas.Reece, Jane; Campbell, Neil (2002). Biology. San Francisco: Benjamin Cummings. ISBN 0-8053-6624-5. Os nucleosomas constan de oito proteínas histonas, e arredor deste conxunto enrólanse unhas 147 pares de bases do ADNLuger K, Mäder AW, Richmond RK, Sargent DF, Richmond TJ (setembo de 1997). "Crystal structure of the nucleosome core particle at 2.8 A resolution". Nature 389 (6648): 251–60. DOI:10.1038/38444. PMID 9305837., dando dúas voltas e continuando ata o seguinte nucleosoma. Na eucromatina o empaquetamento é escaso, polo que o ADN é accesible a encimas e factores proteicos. As histonas do nucleosoma posúen unha "cola", que pode sufrir diversas variacións, e crese que estas variacións actúan como "interruptores de control mestres", que determinan o arranxo que vai adoptar a cromatina. En concreto, crese que a presenza de dunha lisina 4 metilada nas colas da histonas funciona como un marcador xeral para a eucromatina.
Aparencia
En xeral, a eucromatina ten un aspecto máis claro no núcleo tinguido visto ao microscopio, a diferenza da heterocromatina, que é máis escura. Esta cor máis clara débese á estrutura pouco compacta da eucromatina. A estrutura básica da eucromatina é unha fibra de 10 nm solta e alongada. Crese que a heterocromatina evolucionou a partir da eucromatina a medida que evolucionou o núcleo, posiblemente como un mecanismo para manexar un tamaño xenómico moi aumentado.
Función
A eucromatina participa na transcrición activa do ADN a produtos de ARNm. A súa estrutura despregada permite que as proteínas reguladoras de xenes e os complexos da ARN polimerase se unan á secuencia de ADN, o cal pode despois iniciar o proceso de transcrición. Non toda a eucromatina se transcribe necesariamente, pero en xeral a que non o fai é transformada en heterocromatina para protexer os xenes que non se usan. A autorradiografía de células incubadas con nucleótidos radioactivos precursores do ADN indica que a maior parte da radioactividade queda asociada á eucromatina, o que indica que as zonas eucromátínicas son os lugares de transcrición do ARN. Hai tamén unha correlación entre o grao de actividade dunha célula e a cantidade de eucromatina do seu núcleo. Crese que a célula utiliza a transformación da eucromatina en heterocromatina e viceversa como un método de control da expresión xénica e da replicación, xa que eses procesos son diferentes cando a cromatina está moi compactada, o que se coñece como hipótese da accesibilidade. Un exemplo de eucromatina constitutiva, que sempre está activa é a que codifica os chamados xenes de mantemento (housekeeping genes), que codifican as proteínas necesarias para as funcións básicas para a supervivencia da célula.
Notas
Ligazóns externas http://www.euchromatin.net/ Novas sobre a investigación da eucromatina
Artigo
Categoría:Xenética molecular