Dióscuro ou Dióscoro (en latín: Dioscorus), de orixe grega e nado en Alexandría no século V e finado o 14 de outubro de 530 en Roma, foi antipapa de Bonifacio II. Traxectoria Dióscoro de Alexandría, era un diácono partidario dun maior achegamento con Bizancio. Chegara a Roma como exiliado da persecución dos monofisitas, e foi diácono xunto ao papa Símaco.

Colaborador de varios papas, foi quen convenceu ao rei ostrogodo Teodorico para rematar co cisma do antipapa Lourenzo xunto co diácono Enodio. Posteriormente, en 519, foi legado do papa Fiz III en Constantinopla, na representación ante o emperador Xustino I e o patriarca Xoán II que puxo fin ao cisma acaciano.

Logo da morte de Fiz III, foi elixido por unha maioría do clero romano o 22 de setembro de 530, ao mesmo tempo que a outra parte elixía ao papa Bonifacio II segundo o indicado polo seu antecesor. Porén, Dióscoro morreu o 14 de outubro do mesmo ano sen ter recibido o episcopado. Coa súa morte, os seus electores recoñeceron como papa a Bonifacio II polo que se evitou que o cisma prosperase. Malia ser considerado antipapa, o papa Agapito I rehabilitouno en 535.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Antipapas Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Finados en 530