miniatura|dereita|Carioferina (importina) beta 1. As carioferinas son un grupo de proteínas implicadas no transporte de moléculas entre o citoplasma e o núcleo celular das células eucariotas. O transporte, mediado por unhas proteínas de transporte chamadas carioferinas, ten lugar a través dos poros nucleares, que actúan como unha porta para entrar e saír do núcleo. A maioría das proteínas necesitan as carioferinas para poder atravesar os poros nucleares.

As carioferinas poden actuar como importinas (que axudan ás proteínas a entrar no núcleo) ou exportinas (que as axudan a saír do núcleo). Forman parte da Familia do Complexo do Poro Nuclear de proteínashttp://www.tcdb.org/search/result.php?tc=9.A.14 na base de datos de clasificación de transportadores (TCDB, transporter classification database).

A enerxía para o transporte destas moléculas deriva do gradiente Ran.

Importina beta Un exemplo de carioferina é a importina beta. A importina beta é un tipo específico de carioferina que facilita o transporte de cargamentos de proteínas ao interior do núcleo. Para facelo, primeiramente únese á importina alfa (outro tipo de carioferina que se une á proteína a transportar no citoplasma), e despois a proteína a transportar é importada ao interior do núcleo a través dun poro nuclear usando a enerxía derivada do gradiente Ran. Unha vez dentro do núcleo, o cargamento transportado disóciase das carioferinas.

A importina beta pode tamén transportar proteínas ao núcleo sen a axuda da proteína adaptadora importina.Poon, I. K. H. and D. A. Jans (2005). "Regulation of nuclear transport: Central role in development and transformation?" Traffic 6(3): 173-186.

Xenes humanos da familia da carioferina miniatura|dereita|Ciclo Ran-GTP. KPNA1 KPNA2 KPNA3 KPNA4 KPNA5 KPNA6 KPNB1 CRM1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ilustracións en berkeley.edu Animacións Ilustracións Imaxes en 3D de microscopia electrónica da exportina de EM Data Bank(EMDB)

Categoría:Proteínas