Yusuf Antuan SuifRomanización do nome árabe segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2007).Tamén Joseph Soueif, segundo a adaptación e romanización francesa do seu nome. (en ), nado no Líbano o 14 de xullo de 1962, é un eclesiástico católico maronita, entre 2008 e 2020 arcebispo de Chipre e dende 2020 de Trípoli.
Traxectoria Naceu en Xakka, unha vila costeira da gobernación do Líbano Setentrional. Completou os estudos secundarios no seminario patriarcal de San Marón en Ghasir en 1982, e posteriormente estudou Teoloxía na Universidade Espírito Santo de Kaslik, graduándose en 1987. Foi ordenado sacerdote o 5 de setembro de 1987 polo arcebispo de Trípoli Antun Xubair. En 1992 doutorouse polo Pontificio Instituto Oriental, en Roma.
Foi elixido arcebispo de Chipre polo Santo Sínodo da Igrexa Maronita. Recibiu a consagración episcopal o 6 de decembro de 2008, de mans do patriarca de Antioquía Nasrala Pedro Sufair.
O 11 de outubro de 2018 foi nomeado visitador apostólico para os maronitas de Grecia.
O 1 de novembro de 2020 foi nomeado arcebispo de Trípoli.
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados na gobernación do Líbano Setentrional Categoría:Alumnos da Universidade Espírito Santo de Kaslik Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Oriental Categoría:Arcebispos da Igrexa católica maronita Categoría:Arcebispos católicos do Líbano Categoría:Arcebispos católicos de Chipre Categoría:Bispos católicos do século XXI