"In My Head" é o segundo sinxelo de Jason Derulo, do seu álbum debut Jason Derülo. Foi lanzado o 8 de decembro de 2009,http://twitter.com/jasonderulo/status/6431617286 nos Estados Unidos de América, e tamén foi lanzado no Reino Unido o 22 de febreiro de 2010. Tamén se engadiu ó Canadá como país de lanzamento.
Antecedentes Jason confirmou que "In My Head" fora elixida para ser lanzada como o segundo sinxelo do álbum. A canción é un electro influenciado, e ten un ritmo R&B parecido a Whatcha Say.
Vídeo musical O vídeo filmouse a finais de decembro de 2009 e foi estrado o 23 de xaneiro de 2010 a través de YouTube, e para o 10 de febreiro de 2010, o vídeo tiña un total de 9 566 402 visitas, en 2015 obtivo 63 941 800 visitas. O vídeo comeza no estacionamento dunha tenda, con Jason apiado nun coche cuns amigos cando finalmente a protagonista femenina sae da tenda. Derulo ficam irando para ela e, finalmente, acércase e lle fala e comeza a cantar con ela. Finalmente, a moza ponse a soñar con el. Ó final revélase que o vídeo musical completo foi todo un soño de Jason e a escena principal da moza saíndo da tenda vólvese a amosar.
Posición nas listas
Lista(2010) Posición Australia Singles Top50 1 Brasil Hot 100 8 Canadian Hot 100 2 Irlanda Singles Top50 3 20px|border New Zealand Singles Chart 2 UK Singles Chart 1 Hot 100 5
Outras versións
O 9 de decembro de 2011, Robin Stjernberg intentou gañar o programa sueco Idol coa canción de Jason Derulo, "In My Head", mais non o conseguiu e rematou en segunda posición.
Após a final de Idol, Stjernberg saca unha compilación das súas actuacións no programa chamado My Versions o 4 de xaneiro do 2012, onde "In My Head" ocupa o número 6 de 10 cancións.
Notas
Categoría:Cancións de Jason Derulo Categoría:Cancións de Robin Stjernberg