Jusuf Nurkić, nado o 23 de agosto de 1994 en Tuzla, é un xogador bosníaco de baloncesto profesional que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional En outubro de 2012, tras pasar uns meses adestrando co KK Cedevita, asinou con eles un contrato de catro anos. En xaneiro de 2013 foi cedido ó KK Zadar ata o final da tempada na busca de máis minutos. Na súa segunda tempada no Cedevita, aumentou o seu número de minutos na pista ata os 16.3 por encontro, nos que fixo 11.6 puntos e 5.6 rebotes por partido.

O 26 de xuño de 2014, Nurkić foi seleccionado na 16ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Chicago Bulls. Na mesma noite do Draft, foi traspasado ós Denver Nuggets.Nuggets get Gary Harris, Jusuf Nurkic in first round of 2014 NBA Draft O 31 de xullo de 2014, asinou o seu contrato cos Nuggets. O 29 de outubro de 2014, fixo o seu debut na NBA, acadando 5 puntos e 8 rebotes na vitoria dos Nuggets por 89-79 contra os Detroit Pistons. Nurkić foi elixido para participar no Rising Stars Challenge do NBA All-Star Weekend de 2015, en substitución de Steven Adams dos Oklahoma City Thunder, pero decidiu non participar no evento debido a motivos persoais, e foi substituído por Kostas Papanikolaou dos Houston Rockets.Nuggets' Jusuf Nurkic opts out of Rising Stars Challenge

O 13 de febreiro de 2017, Nurkić foi traspasado xunto ós dereitos da elección da primeira rolda do Draft dos Memphis Grizzlies, ós Portland Trail Blazers, a cambio de Mason Plumlee e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018.

O 27 de setembro de 2023, Nurkić foi traspasado xunto a Grayson Allen, Nassir Little e Keon Johnson ós Phoenix Suns, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Deandre Ayton, Jrue Holiday, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Trail Blazers.

Estatísticas NBA Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2014–15 Denver 62 17.8 .446 .000 .636 6.2 .8 .8 1.1 6.9 2015–16 Denver 32 17.1 .417 .000 .616 5.5 1.3 0.8 1.4 8.2 2016–17 Denver 45 17.9 .507 .000 .496 5.8 1.3 0.6 0.8 8.0 2016–17 Portland 20 29.2 .508 .000 .660 10.4 3.2 1.3 1.9 15.2 Total 159 19.1 .469 .000 .601 6.4 1.3 0.8 1.2 8.5

Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2016–17 Portland 1 17.0 .333 .000 .000 11.0 4.0 0.0 1.0 2.0 Total 1 17.0 .333 .000 .000 11.0 4.0 0.0 1.0 2.0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no cantón de Tuzla Categoría:Xogadores de baloncesto de Bosnia e Hercegovina Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores do KK Cedevita Categoría:Xogadores do KK Zadar Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns