O túnel das Maceiras, tamén coñecido como túnel da Madroa ou túnel Vigo-Redondela, é un túnel ferroviario de dous tubos de 8,5 km de lonxitude que conecta As Maceiras, en Redondela, coa nova estación subterránea de Vigo-Urzaiz. É o túnel máis longo do eixe atlántico de alta velocidade (EAAV)."Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net .

Características Trátase dun túnel bitubo (un para cada sentido da circulación) construído baixo o monte da Madroa cun custo de 183 millóns de euros. Para construílo contratáronse dúas tuneladoras, A Miñoca e A Lebre, e instaláronse 70.000 doelas e 10.000 aneis para garantir a estabilidade do trazado, segundo informa Adif no seu vídeo "Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo".Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo.Fomento costea en solitario en Vigo un doble túnel de 8 km para el AVE Diario Levante (Valencia, España) 21/02/2014.

miniatura|dereita|Acceso á nova Estación de Vigo-Urzaiz. O túnel forma parte do traxecto entre a nova estación de Vigo-Urzaiz e a estación de Santiago de Compostela. A comezos do século XXI construíronse 36,9 km, que permiten unha continuidade en dobre vía electrificadaAdif. Geotren. Eje Atlántico de Alta Velocidad en Galicia: Finalización de Vigo-Santiago.. O 16 de abril de 2015 realizouse a viaxe inaugural da Coruña a Vigo, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, que tamén inauguraron a nova terminal viguesa, deseñada por Thom Mayne."Fomento estrena hoy el tren que reduce el viaje A Coruña-Vigo a poco más de una hora" Faro de Vigo, 30/03/2015. O sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña."Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo" El Correo Gallego, 18 de abril de 2015.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas El AVE entrará en Vigo por un túnel subterráneo desde Maceiras, en Redondela en eleconomista.es Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo. Adif. Eje Atlántico .

Maceiras Categoría:Transporte en Vigo Categoría:Redondela