Marisol Gómez Domínguez, nada en 1965 no Freixo (Crecente), é unha política galega, do PPdeG, que foi alcaldesa de Crecente entre 2014 e 2015.
Traxectoria Concelleira na corporación municipal, entrou no concello nas eleccións de 2007, como número 5 da lista popular. Catro anos despois xa figuraba de número 2, e formou parte do equipo de goberno de Julio César García-Luengo Pérez coas responsabilidades de Asuntos Sociais, Educación, Cultura e Turismo. Cando o alcalde foi condenado a un ano de inhabilitación, propúxose o nome do concelleiro Servando Rodríguez Carpintero para a alcaldía. Mais discrepancias sobre o salario frustraron a operación, e foi escollida alcaldesa Marisol Gómez co apoio da maioría absoluta do PP.
Rematada a condena, García-Luengo volveu encabezar a candidatura popular ao concello nas eleccións de 2015, nunha lista onde Marisol Gómez figuraba de novo de número dous.
.
Categoría:Alcaldes de Crecente Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Crecente Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes