Paolo Sorrentino ([ˈpaolo sorrenˈtino]), nado en Nápoles o 31 de maio de 1970 é un director de cinema e guionista italiano.
Traxectoria Sorrentino debutou como guionista con Polveri di Napoli en 1998 e comezou tamén a dirixir curtametraxes, como L'amore non ha confini (1998) e La notte lunga (2001). O seu primeiro filme foi L'uomo in più.
Acadou recoñecemento internacional no 2004 polo seu filme Le conseguenze dell'amore. O filme Il Divo, biopic dramatizado de Giulio Andreotti, gañou o Prix du Jury no Festival de Cannes e supuxo unha nova colaboración con Toni Servillo. This Must Be the Place, con Sean Penn foi o seu primeiro filme en inglés.
O seu filme de 2013 La grande bellezza gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa entre outros moitos premios.
Filmografía Director e guionista L’uomo in più (2001) Le conseguenze dell’amore (2004) Sabato, domenica e lunedì (2004) - telefilme L’amico di famiglia (2006) Il Divo (2008) This Must Be the Place (2011) La grande bellezza (2013) Le voci di dentro (2014) - telefilme Youth (2015) Loro (2018) È stata la mano di Dio (2021) Parthenope (2024)
Guionista Polveri di Napoli (1998) La squadra (2000) - serie de televisión
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
"La partita lenta" en PerFiducia
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Nápoles Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Guionistas de Italia