A Agrupación de Electores de Redondela (AER), é unha agrupación política de ámbito municipal do concello pontevedrés de Redondela. Fundouse no ano 2011, presentándose ese mesmo ano ás eleccións municipais e acadando un concelleiro. No ano 2015 presentouse de novo ás eleccións municipais conseguindo 4 concelleiros.

Traxectoria AER naceu en 2011 como alternativa localista aos partidos existentes, tal e como definiron nun dos seus comunicados fundacionais.

Nas eleccións municipais de 2011, presentáronse á alcaldía con Jorge Varela Couñago ("Chopi") como cabeza de lista. Neses comicios obtiveron 832 votos (un 5,25% do total), conseguindo un concelleiro. Malia acadar só un edil, o resultado desas eleccións permitiu truncar a maioría absoluta do Partido Popular, convertendo a AER na chave de goberno. AER abstívose na investidura cumprindo a súa promesa de non pactar con ningún partido político; co que gobernou o Partido Popular, que acadou máis votos que PSOE e BNG xuntos e obtivo os mesmos edís que a suma de PSOE e BNG.

Nas eleccións municipais de 2015 volvéronse presentar á alcaldía con Ricardo Figueroa Rodríguez como cabeza de lista. Lograron acadar 4 concelleiros tras sumar 2847 votos (17,8% do total).

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Redondela Ligazóns externas "AER dirixe o seu propio camiño", artigo en La Voz de Galicia, 30/1/2015 .

Categoría:Partidos políticos de Redondela