Enric Duran Giralt, nado en Vilanova i la Geltrú en 1976, é un activista catalán polo decrecemento e a revolución integral.
Traxectoria Enric Durán estivo moi implicado en iniciativas como a "Consulta pola abolición da débeda externa" (1999/2000), o Movemento de Resistencia Global (MRG) (2000/2002), a "Campaña contra o Banco Mundial" (2001) e a "Campaña contra a Europa do Capital" (2002). Foi promotor de proxectos como a axencia de novas liberinfo.net (2002), de l'Infoespai de Gràcia (2003-2007),Proposta de rede de grupos de afinidade, por Enric Duran, membro de Temps de Re-voltes e de infoespai do colectivo Temps de re-voltes (2008), da Cooperativa Integral Catalana (2010 - actualidade), e dende 2014, de FairCoop.
O 17 de setembro de 2008 anunciou que, como parte dunha acción política, estafou preto de medio millón de euros a diferentes entidades financeirasEl fiscal no actuará si las financieras estafadas no denuncian al 'Robin de los Bancos' co obxectivo de denunciar, segundo as súas propias palabras, o depredador sistema capitalista e de financiar diferentes movementos sociais anticapitalistas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Páxina da Cooperativa Integral Catalana
Categoría:Nados en Vilanova i la Geltrú Categoría:Nados en 1976 Categoría:Activistas de Cataluña