O termo suspensión, do latín suspensĭo, -ōnis, "acción e efecto de suspender, ou de interromper",suspensión no dicionario da RAG.suspender no dicionario da RAG. pode referirse, entre outras cousas, a:
En ciencia suspensión, en química, é un coloide, un estado provisional no que unha mestura dun líquido ou un gas cun material sólido dividido en partículas diminutas, mantense un tempo sen que as partículas sedimenten. suspensión, en farmacia galénica, é a dispersión dun sólido (po) insolúbel (ou practicamente insolúbel) nun medio líquido. suspensión, en xeomorfoloxía, é un proceso de transporte de sedimentos pola acción da auga ou do vento. suspensión, en matemáticas, é unha construción topolóxica definida por esmagamento das extremidades dun cilindro.
En vehículos a suspensión en vehículos é o conxunto de elementos que absorben as irregularidades do terreo polo que se circula para aumentar a comodidade dos pasaxeiros e o control do vehículo; Nas antigas carruaxes de tracción animal, a suspensión refírese a cada unha das béstas e correas destinadas a suspender a caixa do coche, a fin de dar a esta un movemento máis suave. Nos automóbiles e vagóns de ferrocarril, a suspensión é o conxunto das pezas e mecanismos destinados a facer elástico o apoio da carrocería sobre os eixes das rodas. No caso dos automóbiles, camións e motocicletas, distínguense dous tipos: a suspensión vehicular ou suspensión independente, a suspensión activa, ou electrónica; á parte está a suspensión na bicicleta, que necesita certas características especiais. En música a suspensión, en música, ou retardo descendente, é o retardo dunha nota musical que, pertencendo ao acorde anterior, ocupa o lugar dunha nota do acorde co que soa.
Véxase tamén Suspensión de armas. Suspensión de garantías, en seguros, situación que se produce cando, a consecuencia de acontecementos normalmente previstos na póliza, quedan temporalmente sen vixencia os efectos desta. En xeral, prodúcese con motivo do non pagamento da prima do seguro. Suspensión de garantías constitucionais, en dereito político, é a suspensión das garantías individuais e colectivas que dá a Constitución dun país. Prodúcese, por exemplo, cando o goberno declara o estado de sitio. Debe ser provisional e só mentres dure a continxencia política e/o social que a provocou Suspensión de pagamentos, é a situación concursal na cal unha persoa, familia, empresa ou unha sociedade mercantil se encontra cando non pode pagar a totalidade das débedas que ten cos seus acredores por falta de liquidez ou diñeiro en efectivo. Suspensión da pena, en dereito penal, é a suspensión, temporal ou condicional, da aplicación dunha pena grave a unha persoa que foi condenada por un delito.
Notas