O LXI Festival da Canción de Eurovisión celebrouse no Globen Arena da cidade de Estocolmo, Suecia os días 10, 12 e 14 de maio de 2016, logo de que o seu representante Måns Zelmerlöw obtivese a vitoria coa canción «Heroes» na edición de 2015. Foi a sexta vez que Suecia organizou un Festival de Eurovisión, sendo a anterior ocasión a edición de 2013. Foi por outra banda a terceira vez de Estocolmo como cidade anfitrioa tras os festivais de 1975 e 2000. O evento foi presentado de novo pola anfitrioa da edición de 2013, Petra Mede, e o gañador da edición anterior Måns Zelmerlöw.

Nesta edición participaron 42 países. Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia e Ucraína regresaron ao festival, e Australia volveu despois de debutar como país invitado na edición pasada; por outra banda, Portugal foi o único país retirado respecto da edición anterior. Nun primeiro momento ía participar Romanía porén, trala expulsión da TVR da Unión Europea de Radiodifusión, o país perdeu o dereito a participar nesta edición.

O festival foi notable por ser a primeira vez desde 1975 na que o procedemento de votación cambiou de xeito considerable: cada país outorgou 1-8, 10 e 12 puntos en dúas ocasións, unha polo xurado profesional e outra polo televoto. Na final, as votacións do televoto de todos os países anunciáronse de forma conxunta, unha vez que os portavoces de todos os países anunciaron os votos do xurado do xeito tradicional. O peso do xurado e televoto foi do 50% respecto ao resultado global respectivamente.

Organización As datas provisionais do certame foron anunciadas o 16 de marzo en Viena, Austria. As semifinais tiveron lugar o 10 e o 12 de maio de 2016, e a final o día 14 de maio de 2016. Sede do Festival Unha vez finalizado o festival de 2015, a televisión sueca SVT comezou cos preparativos para a seguinte edición. O 24 de maio de 2015, a SVT expresou que a primeira opción para albergar o Festival do 2016 era o Tele2 Arena de Estocolmo. Porén, tamén anunciou que se abriría un prazo en semanas sucesivas para recibir propostas doutras cidades e estadios. O Scandinavium en Gotemburgo, ademais do Friends Arena no distrito de Solna, e o Globen Arena en Estocolmo optaron a ser a sede para albergar o Festival. Pola outra banda, o Malmö Arena de Malmö, que acolleu a edición de 2013, anunciou a súa negativa a optar a ser sede para 2016. A decisión final sería comunicada pola SVT a mediados do xullo o principios de agosto. Cidade Sede Capacidade Información Estocolmo Friends Arena 65.000 Sede da final do Melodifestivalen 2013, 2014 e 2015. Tele2 Arena 45.000 Recibiu o Rebel Heart Tour de Madonna ou o True Tour de Avicii. Globen Arena 16.000 Sede do Festival de Eurovisión 2000. Gotemburgo Scandinavium 14.000 Sede do Festival de Eurovisión 1985.

O 8 de xullo de 2015, deuse a coñecer o resultado do proceso de licitación e con el a cidade sede do festival, Estocolmo; informándose ademais que o recinto sede sería o estadio Globen Arena que conta cunha capacidade de 16.000 espectadores. Así mesmo, o Holvet albergaría as diferentes delegacións de periodistas dos diversos países, mentres que o Annexet aloxaría ás delegacións dos países participantes e convidados. Esta foi a terceira ocasión en que a capital sueca acolleu o Festival de Eurovisión (tras as edicións 1975 e 2000), e a segunda vez que se celebra no Globen Arena (tras a edición 2000).

A cadea de televisión estatal SVT fixo público o presuposto co que conta para realizar o certame desta edición. O tope máximo imposto pola cadea son 125 millóns de coroas suecas, que ao cambio son aproximadamente 13 millóns de euros.

Países participantes A lista oficial de participantes deuse a coñecer o 26 de novembro de 2015 sumando en total 43 países inscritos, co cal iguálase o récord de participantes establecido nos festivais de 2008 e 2011. Cabe destacar o retorno de Bosnia e Hercegovina, ao confirmar a BHRT a súa participación recorrendo a patrocinios externos, así como os regresos de Bulgaria, Croacia e Ucraína, e a continuación no concurso de Australia, que debutara na anterior edición nun principio como participante excepcional para celebrar o 60º aniversario do festival. Pola contra, a cadea de televisión lusa RTP anunciou a súa retirada, sendo a terceira ocasión consecutiva na que o país se retira do festival cando este se celebra en territorio sueco. Porén, comprometeuse a retornar para o 2017.((cita web|titulo= portugal no estara en eurovision 2016|url=http://es.esc-plus.com/esc-2016-portugal-no-estara-en-eurovision-2016/

A poucos días de finalizar o festival de 2015, o Gran Ducado de Luxemburgo, por medio da cadea RTL, anunciou un ano máis a súa ausencia no Festival. Pouco despois Andorra fixo o mesmo, seguido por Mónaco; países que están ausentes desde 1993, 2009 e 2006 respectivamente.

Existieron rumores acerca do retorno de Eslovaquia, país ausente desde a edición de 2012. Porén, a cadea de televisión RTVS confirmou que non regresarían nesta edición. A TRT, a cadea de Turquía, informou que non regresarían ao festival debido ao actual sistema de votación e a clasificación directa do coñecido como "Big Five".url=http://es.esc-plus.com/esc-2016-turquia-confirma-que-no-regresara-a-eurovision/ Líbano, pola súa banda, deu a sorpresa este ano afirmando que estaban valorando debutar no certame, unha posibilidade que finalmente non puido concretarse.

Por outra banda, delegacións de Kosovo e China anunciaron a súa intención de participar. Porén, a UER descartou un probable debut do primeiro por non ser considerado como un Estado con recoñecemento internacional á vez que a súa empresa de radiotelevisión, a RTK non é un membro activo ou asociado. Respecto á China, a UER respondeu que a posibilidade está aberta e sempre están na busca de novos elementos, existindo a posibilidade dun debut en edicións sucesivas á presente..

Participación de Australia e o futuro de Eurovisión O 17 de novembro de 2015, na cidade de Glasgow, Escocia, o supervisor executivo do Festival, Jon Ola Sand, anunciou que o Grupo de Referencia da UER, o órgano reitor do Festival de Eurovisión, votou por unanimidade a favor da participación de Australia. A invitación a participar non é só para este ano e esténdese para facelo de xeito continuado e pasando polas semifinais ao igual que o resto de países, coa excepción do Big Five.

Cancións e selección {| class="wikitable" |- bgcolor="#CCCCCC" !rowspan=2| País e TV ! ! Artista !rowspan=2| Proceso e data de selección |- bgcolor="#CCCCCC" ! Tradución ao galego ! Linguas

|rowspan="2" | Albania RTSH | "Fairytale love " | Eneda Tarifa | rowspan="2" |Festivali i Këngës 54, 27-12-2015 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Amor de conto de fadas | inglés |- | rowspan="2" | Alemaña NDR | "Ghost" | Jamie-Lee Kriewitz | rowspan="2" | Unser Lied für Stockholm , 25-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Pantasma | Inglés |- | rowspan="2" | ArmeniaAMPTV | "LoveWave" | Iveta Mukuchyan | rowspan="2" | Presentación canción, ??-01-2016 (cantante elixido internamente, 13-10-2015) |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Onda de amor | Inglés |- | rowspan="2" | Australia SBS | "Sound of Silence" | Dami Im | rowspan="2" | - |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Son do silencio | Inglés |- | rowspan="2" | Austria ORF | "Loin d'ici" | Zoë | rowspan="2" | Wer singt für Österreich?, 12-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Lonxe de aquí | Francés |- | rowspan="2" | Azerbaidján Ictimai | "Miracle" | Samra | rowspan="2" | - |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Milagre | Inglés |- | rowspan="2" | Bélxica VRT | "What's the pressure?" | Laura Tesoro | rowspan="2" | Eurosong 2016, 17-01-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Que présa hai? | Inglés |- | rowspan="2" | Belarús BTRC | "Help you fly" | Ivan | rowspan="2" | Eurofest 2016, 22-01-2016 url=http://es.esc-plus.com/esc-2016-bielorrusia-abre-el-plazo-de-inscripcion-para-la-preseleccion/ |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Axudarte a voar | Inglés |- | rowspan="2" | Bosnia e Hercegovina BHRT | "Ljubav je" | Deen, Dalal Midhat y Ana Rucner | rowspan="2" | Presentación canción, 19-02-2016 (cantante elixido internamente, 25-11-2015) |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | O amor é | Bosníaco |- | rowspan="2" | Bulgaria BNT | "If Love Was a Crime" | Poli Genova | rowspan="2" | Presentación canción, ??-03-16 (cantante elixido internamente, 19-02-16) |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Se o amor fose un crime | Inglés, búlgaro |- | rowspan="2" | Chipre CyBC | "Alter Ego" | Minus One | rowspan="2" | Presentación canción, 01-02-2016

| O outro eu | inglés |- | rowspan="2" | Croacia HRT | "Lighthouse" | Nina Kraljić | rowspan="2" | - |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Faro | Inglés |- | rowspan="2" | Dinamarca DR | "Soldiers of love" | Lighthouse X | rowspan="2" | Dansk Melodi Grand Prix 2016, 13-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Soldados do amor | Inglés |- | rowspan="2" | Eslovenia RTVSLO | "Blue and red" | ManuElla | rowspan="2" | EMA 2016, 27-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Azul e vermello | Inglés |- | rowspan="2" | España TVE | Sai yay! | Barei | rowspan="2" |Objetivo Eurovisión, 01-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Di hurra! | Inglés |- | rowspan="2" | Estonia ERR |"Play" |Jüri Pootsmann | rowspan="2" | Eesti Laul 2016, 05-03-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;"

| rowspan="2" | Finlandia YLE | "Sing it away" | Sandhja | rowspan="2" | Uuden Musiikin Kilpailu 2016, 27-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Desquítate cantando | Inglés |- | rowspan="2" | Francia France 2 | "J'ai cherché" | Amir Haddad | rowspan="2" | Elección interna, 29-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Busquei | Francés e inglés |- | rowspan="2" | Xeorxia GPB | "Midnight gold" | Nika Kocharov & Young Georgian Lolitaz | rowspan="2" | Elección da Canción, 15-02-2016(cantante elixido internamente, 15-12-2015) |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Ouro de medianoite | Inglés |- | rowspan="2" | Grecia ERT | "Utopian land" | Argo | rowspan="2" | Elección da Canción, 03-2016(cantante elixido internamente, 09-02-2015) |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Terra utópica | Grego, grego póntico e inglés |- | rowspan="2" | Hungría MTV | "Pioneer" | Freddie | rowspan="2" | A Dal 2016, 27-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Pioneiro | Inglés |- | rowspan="2" | Irlanda RTÉ |"Sunlight" |Nicky Byrne | rowspan="2" |Elección Interna, 13-01-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" |Luz do sol |Inglés |- | rowspan="2" | Islandia RÚV | "Hear them calling" | Gréta Salóme | rowspan="2" | Söngvakeppni Sjónvarpsins 2016, 20-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Escóitaos chamar | Inglés |- | rowspan="2" | IsraelIBA | "Made of Stars" | Hovi Star | rowspan="2" | The Next Star, ??-??-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Feito de estrelas | Inglés |- | rowspan="2" | ItaliaRAI | "No Degree of Separation" | Francesca Michielin | rowspan="2" | Festival de San Remo, 13-02-2016 (cantante elixido internamente, 14-02-2016) |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Ningún grao de separación | Inglés, Italiano |- | rowspan="2" | Letonia LTV | "Heartbeat"| Justs| rowspan="2" | Supernova 2016, 28-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Latido | Inglés |- | rowspan="2" | Lituania LRT| "I've Been Waiting for This Night"| Donny Montell| rowspan="2" | Eurovizijos 2016, 27-02-2016 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Estiven agardando por esta noite | Inglés |- |rowspan=2| República de Macedonia MKRTV| "Dona"| Kaliopi| rowspan="2" | Presentación canción, 07-03-2016 (cantante elixido internamente, 24-11-2015) |- style="border-bottom: 1px #222 solid;"

| Macedonio

| rowspan="2" | MaltaPBS| "Walk on Water"| Ira Losco| rowspan="2" | Malta Eurovision Song Contest 2016, 23-01-2016