A Igrexa ortodoxa finlandesa (en ) é unha igrexa ortodoxa autónoma do patriarcado ecuménico de Constantinopla en Finlandia. A igrexa ten o recoñecemento legal como igrexa nacional do país, xunto á Igrexa luterana evanxélica de Finlandia.

Ten orixe no traballo dos misioneiros medievais de Novgorod en Carelia, e foi parte da Igrexa ortodoxa rusa até 1923. Hoxe estrutúrase en tres dioceses, e conta con arredor de 58.000 fieis.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial .

Categoría:Igrexa ortodoxa de Constantinopla Categoría:Ortodoxia en Finlandia