A diocese de Laghouat (en ) é unha sé da Igrexa católica latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2014 tiña un total de 1.200 bautizados, sobre unha poboación total de 4.324.000 habitantes. En 2017 foi nomeado bispo John Gordon MacWilliam.
Territorio A diocese ten xurisdición sobre todo o territorio alxeriano ao sur do Atlas.
O territorio está dividido en 11 parroquias. A sé episcopal é a cidade de Laghouat.
Historia O 19 de xullo de 1901 foi erixida a prefectura apostólica de Ghardaïa en territorios da vigairía apostólica do Sáhara e Sudán. O 10 de xuño de 1948 foi elevada a vigairía apostólica de Ghardaïa no Sáhara.
O 5 de xullo de 1954 cedeu parte do seu territorio para erixir a prefectura apostólica do Sáhara Occidental.
O 14 de setembro de 1955 foi elevada a diocese, tomando o nome actual e fixando a sé en Laghouat.
Episcopoloxio Prefectos apostólicos Charles Guérin (1901 - 1910, finado) Henri Bardou (1911 - 1916, renuncia) Louis David (1916 - 1919, finado) Gustave-Jean-Marie Nouet (8 de abril de 1919 - 1941, finado) Georges-Louis Mercier (13 de xuño de 1941 - 10 de xuño de 1948, elevación da sé) Vigairos apostólicos Georges-Louis Mercier (10 de xuño de 1948 - 14 de setembro de 1955, elevación da sé) Bispos Georges-Louis Mercier (14 de setembro de 1955 - 11 de xaneiro de 1968, renuncia) Jean-Marie Michel Arthur Alix Zacharie Raimbaud (11 de xaneiro de 1968 - 25 de xuño de 1989, finado) Michel-Joseph-Gérard Gagnon (4 de febreiro de 1991 - 1 de xuño de 2004, finado) Claude Jean Narcisse Rault (26 de outubro de 2004 - 16 de marzo de 2017, retirado) John Gordon MacWilliam (16 de marzo de 2017 - 25 de xaneiro de 2025, retirado) Diego Ramón Sarrió (dende o 25 de xaneiro de 2025)
Notas
Véxase tamén Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais católicas en Alxeria Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina