Ugíjar é un concello español da provincia de Granada.Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 58, p. 73.

Xeografía Limita ao norte cos termos municipais de Válor e Nevada, ao leste con Nevada e Alcolea, ao sur con Alcolea e Murtas e ao oeste con Alpujarra de la Sierra e Cádiar. O termo municipal está integrado polo núcleo principal, Ugíjar, coas súas pedanías de Las Canteras e Los Montoros.

Demografía Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 2.561 habitantes.

Instituto Nacional de Estadística (INE).

Historia Ugíjar aparece mencionada por primeira vez no século XI nas crónicas de Al-Udri. Elévase ao rango de cidade en 1493.Patronato Provincial de Turismo. Diputación de Granada O título concedeullo expresamente pola raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena por Decreto do 1 de maio de 1884.Ugíjar: 1er centenario de la concesión del título de ciudad, del 1 al 7 de mayo de 1994, 39 pp. A partir do ano 1972 incorporouse o municipio de Cherín e en 1977 o de Jorairátar.

Cultura Patrimonio Destaca a Igrexa da Virxe do Martirio, do século XVI, erixida colexiata no ano 1501 por bula do papa Inocencio VIII, por petición dos Reis Católicos, e que foi suprimida no ano 1842, quedando reducida a igrexa parroquial. (2007). "La conversión de la Virgen del Rosario en “Virgen del Martirio”, Patrona de la Alpujarra" p. 509-527 en Religiosidad Popular. V Jornadas, 2010. ISBN 978-84-8108-485-6. A portada conserva elementos mudéxares.

O Centro de Patrimonio Cultural de la Alpujarra, na praza dos Caños, é un espazo museístico do patrimonio agroindustrial e da arquitectura tradicional.

Gastronomía Entre os pratos de caza é de salientar a perdiz en escabeche. Son afamados os xamóns. Unha das súas receitas máis orixinais leva un mollo con olivas e bacallau. Tamén son coñecidos os turrón e os viños artesáns da bodega Dominio Buenavista.

Política e goberno A corporación municipal, após as Eleccións Municipais de 2015, está composta por 11 concelleiros (4 do PP e 7 do PSOE). O socialista Federico López Maldonado é o actual alcalde.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía (1997). Ugíjar, su lugar en la historia: Parroquia Nuestra Señora del Martirio. Outros artigos Alpujarra Ligazóns externas Páxina web do concello

Categoría:Concellos da provincia de Granada