Inge Lehmann, nada en Copenhague o 13 de maio de 1888 e finada ibídem o 21 de febreiro de 1993, foi unha sismóloga e xeofísica dinamarquesa.
Traxectoria
En 1936 descubriu que a Terra ten un núcleo interno sólido dentro dun núcleo externo fluído. Antes diso críase que o núcleo da Terra era unha única esfera derretida. Porén, a sismóloxía non era quen de explicar as medidas das ondas sísmicas dos terremotos, que eran inconsistentes coa súa teoría. Lehmann analizou as medidas das ondas sísmicas, e chegou á conclusión de que a Terra tiña un núcleo sólido interno. Outros sismólogos puxeron a proba a súa teoría e aceptaron a explicación de Lehmann.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Descontinuidade de Lehmann
Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Sismólogos Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Alumnos da Universidade de Copenhague