Pedro Alonso Pérez, nado en Madrid o 27 de maio de 1907 e finado en Vigo o 20 de abril de 1990, foi un arquitecto español, que traballou en Galicia.

Traxectoria dereita|miniatura|Real Club Náutico de Vigo, 1944.

Licenciouse en Madrid en 1932. Foi delegado do Instituto Nacional da Vivenda para o norte de España. A partir de 1940 asociouse con Francisco Castro Represas en Vigo, e traballaron xuntos até 1988. Na súa obra, que evolucionou do eclecticismo ao racionalismo, destaca o emprego do granito, o uso de balconadas e de cornixas corridas.

Obra miniatura|300px|Edificio Pernas (1941) dende a Praza de América.

O Edificio Ribas, na rúa Marqués de Valladares 22, esquina coa rúa Colón. Os números 4 e 6 da praza de Compostela. O Edificio Barreras (1940) na rúa Colón. O Edificio Pernas (1941) que ocupa todo o rueiro formado pola Gran Vía coas rúas López Mora e Ramón González Sierra. O Edificio Albo (1942) na Gran Vía esquina Urzáiz.Edificio Albo en Turgalicia. O Real Club Náutico de Vigo (1944-45). O Edificio Miguel Seijo Serodio (1945).Edificio Miguel Seijo Serodio en Turgalicia. O Edificio comercial para José González (1949), na rúa Marqués de Valladares.Edificio comercial para José González en Turgalicia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Outros artigos Racionalismo arquitectónico Ligazóns externas Estudo de arquitectura Castro y Alonso ''(en castelán e inglés).

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Arquitectos do Racionalismo