O XLVIII Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 24 de maio en Letonia, e os presentadores foron Marie N, gañadora do ano anterior, e Renars Kaupers, do grupo Brainstorm, que representou a Letonia no Festival de Eurovisión 2000. Sertab Erener, a intérprete de Turquía foi a gañadora do certame coa canción "Everyway That I Can".
Foi o último festival que se celebrou nunha única noite, a partir de 2004 e ata 2007, celebrábase en dúas noites e dende 2008 celébrase en tres. A lista de participantes de 2003 foi a última afectada polo sistema de relegacións. En concreto seis países relegados na edición de 2002 regresaron ao concurso, e a estes uniuse a Ucraína, que participou por primeira vez.
Bélxica co grupo Urban Trad, que rematou segundo, levou á primeira persoa galega ao Festival de Eurovisión, Verónica Codesal.
Festival # País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos 01 Birgitta Haukdal Open Your Heart 9 81 02 Alf Poier Weil Der Mensch Zählt 6 101 03 Mickey Joe Harte We've Got The World 11 53 04 Sertab Erener Everyway That I Can 1 167 05 Lynn Chircop To Dream Again 25 4 06 Mija Martina Ne Brini (Could It Be?) 16 27 07 Rita Guerra Deixa-me Sonhar (só mais uma vez) 22 13 08 Claudia Beni Više nisam tvoja 15 29 09 Stelios Constantas Feeling Alive 20 15 10 Lou Let's Get Happy 12 53 11 t.A.T.u. Ne Ver', Ne Boysia 3 164 12 Beth Dime 8 81 13 Lior Narkis Words For Love (Milim La'ahava) 19 17 14 Esther Hart One More Night 13 45 15 Jemini Cry Baby 26 0 16 Olexandr Ponomaryov Hasta La Vista 14 30 17 Mando Never Let You Go 17 25 18 Jostein Hasselgård I'm Not Afraid To Move On 4 123 19 Louisa Baïleche Monts Et Merveilles 18 19 20 Ich Troje Keine Grenzen-Żadnych Granic 7 90 21 F.L.Y. Hello From Mars 24 5 22 Urban Trad Sanomi 2 165 23 Ruffus Eighties Coming Back 21 14 24 Nicola Don't Break My Heart 10 73 25 Fame Give Me Your Love 5 107 26 Karmen Stavec Nanana 23 7
<small>Fonte:</center></small>
Linguas Dos 26 temas participantes, 15 foron interpretados integramente en inglés. Dos restantes 9, catro foron cantados na súa lingua oficial. Bosnia e Hercegovina, Croacia, Israel e Portugal mesturaron a súa lingua co inglés. Ucraína o inglés co castelán, e Polonia mesturou o alemán, o polaco e o ruso. Bélxica achegou a primeira canción cantada integramente nunha lingua imaxinaria na historia do festival.
Notas
Categoría:Edicións do Festival de Eurovisión Categoría:Música en 2003