miniatura|210px|Portada da súa obra máis importante, editada por Linneo. Peter Artedi, tamén coñecido como Petrus Arctaedius, nado na parroquia de Anundsjö, no condado de Västernorrland (Suecia) o 22 de febreiro de 1705 e finado en Ámsterdam o 27 de setembro de 1735), foi un ictiólogo sueco, que é coñecido como o "pai da ictioloxía".
Traxectoria Tras completar a súa educación secundaria en Härnösand, o 30 de outubro de 1724 comezou a estudar teoloxía na universidade de Uppsala, pero o seu interese pola historia natural desviouno da súa primeira vocación pastoral. Estudou medicina con Lars Roberg.
Foi colega e amigo de Carl von Linné (Linneo), a quen coñeceu en Uppsala en 1728.
Cando ambos os dous deixaron esta cidade en 1732 asumiron a responsabilidade recíproca de publicar os manuscritos do outro en caso de falecmiento. Artedi morreu afogado nas canles de Ámsterdam, onde fora para catalogar a colección de Albertus Seba. Linneo cumpriu a súa palabra e os manuscritos de Artedi imprimíronse en Leiden en 1738, xunto a unha biografía do autor.
A súa clasificación dos peixes organízase en ordes, xéneros e especies. Identificou catro ordes (e, equivocamente, a dos cetáceos), 47 xéneros e 230 especies. Artedi non chegou a utilizar un sistema binominal, pero Linneo incorporouno na edición da obra. Por exemplo, onde Artedi se refire a Zeus ventre aculeato, cauda in extremo circinata, Linneo simplifícao como Zeus faber. Esta especie foi chamada Faber sive Gallus Marinus por Guillaume Rondelet (1507-1566)Cuxa clasificación das plantas seguía o padre Sarmiento. e outros autores chamárona Piscis Jovii. Artedi traduce Jovii como Zeus e o termo elixido por Rondelet, faber, converteuse no nome específico. Outros exemplos: Anarhichas Lupus marinus nostras vólvese, grazas a Linneo, en Anarhichas lupus e Clupea, maxilla inferiore longiore, maculis nigris carens: Harengus vel Chalcis Auctorum, Herring vel Hering Anglis, Germanis Belgis, simplemente en Clupea harengus.
Obra Bibliotheca Ichthyologica (1738) Philosophia Ichthyologica (1738)
Honores Epónimos Xénero vexetal (Apiaceae) Artedia L.Sp. Pl. 1: 242. 1753 (UK).
Xénero animal (Artedidraconidae) Artedidraco Lönnberg, 1905
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Broberg, Gunnar (1987): "Petrus Artedi in his Swedish Context" Proc. V Congr. europ. Ichthyol., Stockholm, 1985, pp. 11–15. Ver en PDF. Engel, H. (1970): "Artedi, Peter" no Dictionary of Scientific Biography. Volume 1, pp. 305–306. Nova York: Charles Scribner's Sons. ISBN 978-0-684-10114-9. Pietsch, Theodore W. (2010): The curious death of Peter Artedi. A mystery in the history of science. Nova York; Scott & Nix Inc. ISBN 978-0-9825102-8-5.
Outros artigos Johann Julius Walbaum
Ligazóns externas The Petrus Artedi Tricentennial Symposium on Systematic Ichthyology, 2005, en FishBase .
Categoría:Científicos de Suecia Categoría:Zoólogos de Suecia Categoría:Nados en 1705 Categoría:Nados no condado de Västernorrland Categoría:Finados en 1735 Categoría:Finados por afogamento Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala