Albrecht Carl Ludwig Gotthilf Günther, tamén coñecido como Albert Charles Lewis Gotthilf Gunther e Albert Günther, nado o 3 de outubro de 1830 en Esslingen (Suabia), e finado o 1 de febreiro de 1914 en Richmond upon Thames, Gran Londres (Reino Unido), foi un zoólogo británico.

Traxectoria Naceu o 3 de outubro de 1830 en Esslingen, Suabia, daquela no reino de Baviera.

Estudou teoloxía en Bonn e en Berlín, e despois medicina en Tubinga.

En 1856 trasladouse ao Museo Británico, onde traballou en ictioloxía. Despois da morte de John Edward Gray, en 1875, foi director do departamento de zooloxía do Museo de Historia Natural, até 1895. Ademais de traballar con peixes da colección do museo, fíxoo con réptiles e anfibios

Naturalizado británico en 1874, Günther faleceu no Real Xardín Botánico de Kew (Royal Botanic Gardens, Kew) o 1 de febreiro de 1914.Oxford Dictionary of National Biography 2004. Vol 24.

Abreviatura A abreviatura Günther emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1830 Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Finados en 1914 Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico