A ipecacuaña (Psychotria ipecacuanha), tamén chamada cagosanga, poaia, raiz-do-brasilFERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edicción. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 966. e ipeca, é unha planta da familia Rubiaceae, moi común nos solos dos montes dos estados de Baía e do Mato Grosso, no Brasil.

Etimoloxía "Ipecacuaña" ven do termo tupi ipega'kwãi, que significa "pene de pato". "Poaia" ven do tupi pu'ayaFERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edición. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 1 350..

Emetina As súas raíces contén un poderoso emético (estimulante do reflexo do vómito) denominado "emetina" ou "ipecacuaña". Foi introducida en Europa en 1672 por Legros, un viaxante en América do Sur. Foi usada no tratamento da disentería e vendida polo médico francés Adrien Helvetius baixo a licenza de Lois XIV. Hoxe en día, os fármacos purificados cefaleína e emetina aínda son usados como eméticos. Eles estimulan o centro neuronal vomitivo (área postrema medular).

A emetina tamén é usada contra a amebíase, pois a súa actuación como limitador na formación de proteínas, alén de efectos circulatorios. Polos anos 1930, foi sintetizado a dehidroemetina (diferente da primeira apenas por unha dobre ligazón próxima a un radical etilo), que posúe menos efectos colaterais.

Segundo Cristina Brandt Friedrich, que fai unha pescuda sobre a influencia das doenzas traídas polos colonizadores na formación do Brasil, é que de todo coñecemento da flora medicinal indíxena, a ipecacuaña, tamén coñecida como “planta de doente de estrada”, foi a planta que máis interesou aos europeos por ser usada como purgativo e antídoto para calquera veleno.Livro revela papel de doenças (e curas) na formação do país. http://www.controversia.com.br/index.php?act=textos&id=8830.

Abuso O xarope da planta, chamado xarope de ipeca, xa foi usado por bulímicos a fin de inducir o vomito, mais o seu uso repetido causa acumulación no fígado e problemas no músculo cardíaco.

Taxonomía Carapichea ipecacuanha foi descrita por (Brot.) L.Andersson e publicado en Kew Bulletin 57(2): 371. 2002. Sinonimia Callicocca ipecacuanha Brot. Carapichea ipecacuanha (Brot.) L.Andersson Cephaelis acuminata H.Karst. Cephaelis ipecacuanha (Brot.) A.Rich. Evea ipecacuanha (Brot.) W.Wight Ipecacuanha fusca Raf. Ipecacuanha officinalis Arruda ex H.Kost. Ipecacuanha preta Arruda Uragoga acuminata (H.Karst.) Farw. Uragoga granatensis Baill. Uragoga ipecacuanha (Brot.) Baill.

Notas

Categoría:Plantas medicinais Categoría:Rubiaceae Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Plantas descritas en 2002