Anton Ewald é un cantante e bailarín sueco. El participou en varias ocasións no célebre Melodifestivalen como cantante e tamén como bailarín noutras actuacións.
Carreira Ewald comezou a súa carreira como bailarín no Melodifestivalen. No Melodifestivalen 2009, el danzou para Velvet cando ela competía na terceira semifinal en Leksand coa canción "The Queen". No Melodifestivalen 2012 el foi o bailarín e coreógrafo de Danny Saucedo coa canción "Amazing".
Participou como cantante no Melodifestivalen 2013, o proceso para escoller o representante de Suecia no Festival de Eurovisión coa canción "Begging" escrita por Fredrik Kempe e Anton Malmberg Hård af Segerstad.Svt.se: Anton Ewald page Após a semifinal o 9 de febreiro de 2013, el quedou terceiro e foi escollido para a rolda de Segunda oportunidade no Löfbergs Lila Arena en Karlstad.
Na Segunda oportunidade do 2 de marzo de 2013, el se clasificaba para a final no Friends Arena o 9 de marzo após o duelo final con Behrang Miri e a súa canción "Jalla Dansa Sawa". Ewald foi un dos douse elixidos da Segunda oportunidade que pasaba á final, o outro elixido era Robin Stjernberg coa canción "You".
Na final do Melodifestivalen 2013 o 9 de marzo do 2013, Ewald rematou cuarto. Após o Melodifestivalen el lanzou dous sinxelos, "Begging" e "Can't Hold Back" e dous EPs, A e A-coustic.
Anton participou unha vez máis no Melodifestivalen 2014 coa canción "Natural" na cuarta e última semifinal o 22 de febreiro. El actuou tamén na final onde quedou nunha décima posición.
Discografía EPs Título e detalles Notas A Tipo: EP Lanzamento: 2013Lista de cancións "Human" "Can't Hold Back" "Would That Make You Love Me" "Brand New" "Begging" A-coustic Tipo: EP Lanzamento: 2013Lista de cancións "Human" (acústico) "Can't Hold Back" (acústico) "Would That Make You Love Me" (acústico) "Brand New" (acústico) "Begging" (acústico) On My Way Tipo: EP Lanazmento: 2014Lista de cancións "This Could Be Something" "Save The Last Dance" "Prison" "Should've Named Your Trouble"
Sinxelos AnoTítuloPosición nas listas SUE<small> DIN<small> TUR2013"Begging"2—872013"Can't Hold Back"——1442013"Close Up"———2014"Natural"24—952014"This Could Be Something" feat. Medina2190—
Notas
Categoría:Cantantes de Suecia Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Cantantes en lingua sueca