Microchirus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos, que comprende varias especies de pequenos linguados (en sentido amplo), coñecidos en galego por acedías, propios do Atlántico oriental e o Mediterráneo.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as dúas especies teñen o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1814 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.Microchirus Bonaparte, 1833 no WoRMS.

Sinonimia miniatura|200px|M. ocellatus ao lado dunha cuncha de ameixón. miniatura|200px|Larva de M. theophila. miniatura|200px|Larva de M. variegatus.

Ao longo do tempo, o xénero foi coñecido polos seguintes sinónimos: Echinosolea Chabanaud, 1927 Monochir Cuvier, 1829 Zevaia Chabanaud, 1943

Etimoloxía

O nome científico Microchirus está formado pola raíz do latín científico micro-, calco da do grego antigo μικρο-, derivada de μικρός mikrós, "pequeno", e da forma -chirus, tirada do termo grego antigo χείρ χειρός cheír, cheirós, "man".A adaptación latina é -chirus. Literalmente: "os de mas pequenas", facendo referencia ao pequeno tamaño das aletas pectorais destes peixes.

Especies Na actualidade recoñécense no xénero sete especies:Especies de Microchirus en FishBase.Microchirus Bonaparte, 1833 no ITIS. Microchirus azevia (Brito Capello, 1867) Microchirus boscanion (Chabanaud, 1926) Microchirus frechkopi Chabanaud, 1952 Microchirus ocellatus (Linnaeus, 1758) — acedía de ollos.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 85. Microchirus theophila (A. Risso, 1810) — acedía xudía. Microchirus variegatus (Donovan, 1808) — acedía raiada. Microchirus wittei Chabanaud, 1950

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2. Desoutter, M. (1994): "Révision des genres Microchirus, Dicologlossa et Vanstraelenia (Pleuronectiformes, Soleidae)". Cybium 18 (3): 215-249. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectoideos Soleidos Monochirus

Ligazóns externas Microchirus na EOL. Con informacións, numerosas imaxes e varios mapas de distribución .

Categoría:Pleuronectiformes