Austroglossus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos.Austroglossus Regan, 1920 no WoRMS.
Comprende dúas especies de linguados (en sentido amplo) propios das costas atlánticas de Suráfrica,Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Austroglossus en FishBase. coñecidas en galego como linguados austrais.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 84.
Taxonomía Xénero O xénero foi descrito en 1920 polo ictiólogo británico Charles Tate Regan no seu traballo "Revision of the flat-fishes (Heterosomata) of Natal". Annals of the Durban Museum 2 (5): 205-222.
Etimoloxía O nome Austroglossus''' está formado polas formas do latín científico Austro-, derivado do latín clásico Auster, -tri, "vento do sur" e, por extensión, "o sur" (punto cardinal), e -glossus, forma masculina derivada do termo do grego antigo γλῶσσα glṓssa, "lingua", que forma parte do nome de moitos xéneros de peixes planos.
Especies Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes dúas especies: Austroglossus microlepis (Bleeker, 1863) — linguado austral do oeste. Austroglossus pectoralis'' (Kaup, 1858) — linguado austral do leste.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pleuronectiformes Soleidos
Categoría:Pleuronectiformes