Moshe Stiller, coñecido como Mauritz Stiller, nado en Helsinqui o 17 de xullo de 1883 e finado en Estocolmo o 18 de novembro de 1928, foi un director de cinema sueco-finlandés, coñecido por descubrir a Greta Garbo.

Traxectoria Stiller naceu nunha familia xudía asquenací, que vivira en Rusia e Polonia antes de establecerse en Finlandia. A súa nai suicidouse cando el tiña catro anos e foi logo criado por amigos da familia. Axiña viuse atraído pola interpretación e demostrou o seu talento nos teatros de Helsinqui e Turku.

Cando foi recrutado polo exército do tsar Nicolao II (Finlandia era entón un Gran Ducado autónomo dentro do Imperio Ruso) abandonou o país e estableceuse en Suecia, nacionalizándose en 1921.

Contra 1912 Stiller xa se involucrara no rápido desenvolvemento da industria sueca do cinema mudo. Comezou escribindo guións, ademais de actuar e dirixir curtametraxes, mais finalmente abandonou a interpretación para dedicarse totalmente á escritura e á dirección. Deseguido pasou á dirección de longametraxes e o seu filme de 1918 Thomas Graals bästa barn, con Karin Molander e Victor Sjöström de protagonistas recibiu boas críticas.

En 1920 dirixira máis de trinta e cinco filmes, incluíndo Erotikon, e xa era unha das principais figuras do cinema sueco.

No teatro real de Estocolmo coñeceu unha actriz nova chamada Greta Gustafsson, á que contratou para un papel secundario, mais importante, en Gösta Berlings saga, e que foi coñecida como Greta Garbo. A presenza na pantalla desa moza de dezaoito anos levou a Stiller e a Garbao aos Estados Unidos tras aceptar a oferta de Louis B. Mayer de dirixir para a Metro-Goldwyn-Mayer.

En Hollywood asignáronlle a dirección de The Temptress (1926), segundo filme de Garbo na MGM, mais non foi quen de tratar co sistema de estudios e tras repetidas discusións foi substituído por Fred Niblo e rematou o seu contrato. Foi inmediatamente contratado por Paramount Pictures, onde fixo tres filmes con éxito, mais de novo foi despedido polos seus desacordos cos xefes do estudio.

Volveu a Suecia en 1927 e faleceu o ano seguinte vítima dunha pleuresía aos 45 anos.

Filmografía AnoFilmeAcreditado como DirectorGuionistaActor Personaxe 1912 Trädgårdsmästaren Pasaxeiro 1912 Mor och dotter Raoul de Saligny 1912 I lifvets vår von Plæin 1912 Den tyranniske fästmannen Elias Pettersson 1912 De svarta maskerna 1913 Vampyren 1913 På livets ödesvägar 1913 När larmklockan ljuder 1913 När kärleken dödar 1913 Mannekängen 1913 Livets konflikter 1913 Gränsfolken 1913 En pojke i livets strid 1913 Den okända 1913 Den moderna suffragetten 1913 Barnet 1914 Stormfågeln 1914 Skottet 1914 När svärmor regerar Elias 1914 Kammarjunkaren 1914 För sin kärleks skull 1914 Det röda tornet 1914 Bröderna 1915 När konstnärer älska 1915 Minlotsen 1915 Mästertjuven 1915 Madame de Thèbes 1915 Lekkamraterna 1915 Hans hustrus förflutna 1915 Hans bröllopsnatt 1915 Hämnaren 1915 Dolken 1916 Vingarne Director de cinema 1916 Lyckonålen 1916 Kärlek och journalistik 1916 Kampen om hans hjärta 1916 Balettprimadonnan 1917 Thomas Graals bästa film 1917 Alexander den store 1918 Thomas Graals bästa barn 1919 Sången om den eldröda blomman 1919 Herr Arnes pengar 1920 Fiskebyn 1920 Erotikon 1921 Johan 1921 De landsflyktige 1923 Gunnar Hedes saga 1924 Gösta Berlings saga 1926 The Temptress 1927 The Woman on Trial 1927 Hotel Imperial 1927 Barbed Wire 1928 Street of Sin

Véxase tamén Ligazóns externas

Entrevista con Greta Garbo sobre Stiller. Virtual-History

Categoría:Directores de cinema de Suecia Categoría:Actores de Suecia Categoría:Actores de Finlandia Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1928