Antonio José Quintela Ferreiro, nado en Lugo o 22 de maio de 1912, foi un mestre, escritor e xornalista galego.

Traxectoria Era fillo de Francisco Quintela Pallín e Aurora Ferreiro Varela, e irmán do tamén escritor Luís Quintela Ferreiro. Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Foi nomeado mestre interino de Mourence en 1930.El Progreso, 4-3-1930, p. 1. Mestre na escola creada pola Liga Santaballesa en Santaballa (1932-1936) na que editaba o xornal infantil Antorcha (1934-1936), e na que tamén impartía leccións de Dereito e Economía.Un tiempo pasado fue mejor Colaborou en El Progreso, Vida Gallega, El Momento e Faro Villalbés do que foi director entre febreiro e xuño de 1936.El Pueblo Gallego, 5-2-1936, p. 9. Foi autor de varias pezas teatrais para representación escolar e escribiu un libro de poemas e a novela Lucha, que apareceu en 1936.El Progreso, 4-7-1936, p. 6.

Directivo de Izquierda Republicana, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 30 de agosto, saíndo en liberdade o 5 de setembro. Trasladado á escola de Bagueixos (Tirimol, Lugo),El Progreso, 20-9-1936, p. 4. foi expedientado e sancionado por responsabilidades políticas.BOP Lugo, 7-5-1941, p. 4. Combateu no exército sublevado como alférez provisional de Infantaría, destinado na Quinta División, pasando en agosto de 1938 ao cuarto Batallón do Rexemento de Infantaría Zamora número 29.BOE, 26-8-1938, p. 920. En febreiro de 1940 foi destinado como oficial a Caixa de Recruta número 64 de Lugo,El Correo Gallego, 1-2-1940, p. 3. e en maio dese ano foi nomeado mestre de Mosteiro en Palas de Rei pola Xunta provincial de Primeiro Ensino de Lugo.BOP Lugo, 24-5-1940, p. 2. Sometido a expediente de depuración, foi confirmado no cargo de mestre de Feiranova en 1941.El Progreso, 7-9-1941, p. 2. En 1943 trasladouse a Barcelona destinado ao Grupo Escolar Reyes Católicos. En Barcelona estudou Filosofía e Letras. Estivo vinculado ao Centro Galego de Barcelona e colaborou en Alborada. Pasou ao Grupo Escolar Víctor Pradera e en 1961 trasladouse a Massamagrell (Valencia).BOE, 4-10-1961, p. 14338. Despois da guerra publicou varias novelas.

Obras Ensayos poéticos, 1930. Lucha, 1936. Espíritu y carne, 1939. El enigma de un muerto, 1944. La diosa del bosque, 1944. Exámenes de Amor, 1950. Matrimonio urgente, 1955. Cumbres amorosas, 1958.Obras en Rede de Bibliotecas de Galicia. www.opacmeiga.rbgalicia.org.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas O Hospital asilo de Vilalba (30) Antonio Quintela Ferreiro Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1912