Last Dinosaurs é un grupo musical australiano de indie rock formado en Brisbane, Queensland. O grupo está formado polo vocalista e guitarrista Sean Caskey, o guitarrista Lachlan Caskey, o baixo Michael Sloane e o batería Dan Koyama. Koyama e os irmáns Caskey son de ascendencia xaponesa, e o grupo fai xiras e visitas frecuentes nese país.

O seu primeiro EP Back from the Dead saíu en 2010, e o seu primeiro álbum de estudio In a Million Years (2012) recibiu boas críticas dos medios australianos, como Triple J, entre outros.

O 1 de maio de 2015, Last Dinosaurs lanzou "Evie", o primeiro sinxelo do seu segundo álbum.

Discografía Álbums de estudio In a Million Years (2012) Wellness (2015) Yumeno Garden (2018) From Mexico with Love (2022) EPs Back From The Dead (2010) Last Dinosaurs on Audiotree Live (2019)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de Queensland Categoría:Grupos musicais formados en 2009