YOLO é un acrónimo de orixe inglesa, que significa "you only live once" ("só vives unha vez"). Foi popularizada a raíz de ser empregado polo rapeiro Drake en 2011, aínda que historicamente semella atribuída a Mae West.

Na década dos 2010 converteuse nunha expresión amplamente empregada pola mocidade , sobre todo en países anglófonos e en Internet, e sendo habitualmente empregada coma sinónimo da expresión "carpe diem". O actor Zac Efron ten unha tatuaxe con este lema.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cultura popular

Categoría:Socioloxía