Bothus guibei é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,Bothus guibei Stauch, 1966 no WoRMS. coñecida en galego como rapapelos de Guinea ou rascón de Ginea.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 79.

Características Corpo ovalado, sinistro (cos dous ollos situados á esquerda). Ollos grandes, moi separados entre si, o superior algo atrasado con rspecto ao inferior. Pode alcanzar os 28,6 cm de lonxitude.

Hábitat e distribución É un peixe mariño, demersal, que vive en augas intertropicais, en fondos de entre os 15 e os 40 m de profundidade, entre os 5° N e os 2° S.Bothus guibei Stauch, 1966 en FishBase.

Distribúese polo Atlántico oriental, nas costas de Guinea Ecuatorial (incluínda a illa de Annobón, e o golfo de Biafra. Rexistrouse tamén na illa de San Tomé.

Pesca Bothus guibei é unha especie comestíblel e péscase na área do Atlántico centro-leste.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Aldebert, Y.; M. Desoutter and J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Vol. 2. pp. 1027–1036. JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.

Outros artigos Pleuronectiformes Bótidos

Ligazóns externas Bothus guibei en Encyclopedia or Life.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1966 Categoría:Produtos da pesca