Mona Imai, nada en Tokyo en 1978, é unha tradutora profesional de orixe nipoa residente en Vigo e coñecida por verter libros da literatura xaponesa cara ao galego e ao castelán. É licenciada en Ciencias do Mar.

Traxectoria Entre as súas traducións ao galego, destacan autores como Haruki Murakami, Junichiro Tanizaki, Takeshi Kitano, Banana Yoshimoto, Yasunari KawabataObras de Imai en LG3 . ou Natsume Soseki, cuxa versión de Botchan, foi a obra distinguida en 2015 co premio Plácido Castro á mellor traduciónActa da reunión do xurado do Premio de tradución Plácido Castro 2014 Pontevedra. As editoriais galegas coas que traballa habitualmente son editorial Galaxia (en tándem co tradutor galego Gabriel Álvarez Martínez) e Rinoceronte Editora.

Obras traducidas

Do xaponés ó galego

A casa das belas adormentadas, de Yasunari Kawabata (Rinoceronte Editora, 2007). Kitchen, de Banana Yoshimoto (Rinoceronte Editora, 2008). Tras do solpor, de Haruki Murakami (Editorial Galaxia, 2008) con Gabriel Álvarez Martínez. Do que estou a falar cando falo de correr, de Haruki Murakami (Editorial Galaxia, 2009) con Gabriel Álvarez Martínez. 1Q84 (Libros 1&2), de Haruki Murakami (Editorial Galaxia, 2010) con Gabriel Álvarez Martínez. Eloxio da sombra, de Junichiro Tanizaki (Rinoceronte Editora, 2010) con Gabriel Álvarez Martínez. Botchan, de Natsume Soseki (Rinoceronte Editora, 2010). 1Q84 (Libro 3), de Haruki Murakami (Editorial Galaxia, 2011) con Gabriel Álvarez Martínez. Kikujiro e Saki, de Takeshi Kitano (Rinoceronte Editora, 2012). O maletín do mestre, de Hiromi Kawakami (Rinoceronte Editora, 2012).

Do galego ó xaponés A arte do fracaso, de Berta Dávila (Rinoceronte Editora, 2014) con Megumi Shiozawa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Noemí Rey: «Unha viaxe a Xapón a través das verbas», DUVI, 21 de setembro de 2011.

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Tradutores do xaponés Categoría:Tradutores do Xapón