A Vega Media del Segura é unha comarca da Rexión de Murcia, atravesada polo río Segura. A súa capital é Molina de Segura.

Limita ao noroeste coa Vega Alta del Segura, ao nordés coa Comarca Oriental, ao leste e sur coa Huerta de Murcia, ao suroeste coa comarca do Río Mula e ao oeste co Valle de Ricote.

Dedícase fundamentalmente á agricultura de regadío (cítricos e hortalizas), ademais da industria conserveira que desta deriva.

Concellos Concello Extensión(km²) Poboación(hab.) Densidade(hab./km²) Alguazas 23,74 9.460 398,48 Ceutí 10,34 10.881 1.052,32 Las Torres de Cotillas 38,00 21.608 568,63 Lorquí 15,00 6.983 465,53 Molina de Segura 169,00 68.775 398,71 256 116.314 454,35

Véxase tamén

Categoría:Comarcas da Rexión de Murcia