Genco Ecer (pronunciación turca: [ˈɡendʒo ˈedʒeɾ]; nado o 13 de decembro de 1985 en Ankara, Turquía) é un cantante e atleta turcochipriota. Antes da súa carreira musical, Ecer representou á República Turca do Norte de Chipre no equipo de natación e na selección de baloncesto. No 2009, Eccer lanzou o seu álbum debut Kandıramazsın. O álbum contiña cancións de R&B, funky house e pop. O principal sinxelo foi U Dönüşü.

Biografía Ecer naceu en Ankara, Turquía de nai turca e pai turcochipriota. A unha idade pequena, el mudouse coa súa familia á República Turca do Norte de Chipre. El estudou a secundaria no Bayraktar Türk Marif College e logo no Türk Marif Lisesi. Ecer estudou arquitectura na Universidade do Oriente Próximo.

Discografía Kandıramazsın

Sinxelos U Dönüşü (2010) Yalvarırım (2011)

Notas

Categoría:Cantantes da República Turca do Norte de Chipre Categoría:Atletas da República Turca do Norte de Chipre