Jandira Sassingui, máis coñecida como Pérola, é unha cantora e presentadora angolana.

Biografía Comezou a cantar aos 8 anos de idade e tendo dende sempre gran paixón pola música chegou a facer concertos para veciños e amigos como pasatempo, o que a levou a concursos de música e de danza.

Aos 13 anos de idada mudouse de Luanda coa súa familia a Windhoek, Namibia, onde continuou os estudos. De 1997 a 2001 estudou no Colexio Concórdia onde formou parte dun grupo de danza chamado "Earth Girls". Após isto, participou no Concurso para a Descoberta de Talentos organizada pola Igrexa Católica onde gañou dous trofeos: Mellor Dueto e Mellor Performance Feminina da Noite.

Pretendendo iniciar as súas andanzas pola universidade, parte para a Suráfrica no ano 2002 e participa no concurso musical Coca-Cola Popstars, sendo excluída por estranxeira.

Consequentemente, decide gravar o seu propio álbum musical que pública en 2004 co nome de "Os Meus Sentimentos", rexistrando dende este momento o nome de Pérola.

En 2007 consegue ser licenciada en Dereito pola Universidade de Pretoria.

Carreira Discografía Os Meus Sentimentos (2004) Cara & Coroa (2010) Mais de mim (2014)

Televisión 2007: Big Brother África (presentadora) 2008: VIAGENS (presentadora) 2009: Televisão Bounce (co-presentadora)

Premios e nomeamentos 2004: Prémio Rádio Luanda, na categoría de Revelação Feminina. 2004: Prémio Moda, Luanda (8ª Edición) na categoría de Melhor Intérprete Feminina. 2005: Prémios KORA, na categoría de Melhor Artista Feminina da África Austral.

Notas

Categoría:Cantantes de Angola