O símbolo de Marte, tamén coñecido como lanza de Marte ou frecha de Ares (♂), é unha figura formada por un círculo e unha frecha inclinada que xorde do primeiro e apunta cara a dereita. Na antigüidade interpretábase como o escudo e a lanza do deus da guerra Marte ou Ares. O símbolo ten a entrada Unicode U+2642.
Emprégase como representación histórica da figura mitolóxica en numerosos campos. Entre eles inclúense:
Na ciencia: O sexo masculino. O planeta Marte. O elemento químico ferro.
Na mitoloxía: O deus romano Marte ou o grego Ares.
Outros: O masculino. En documentos medievais e barrocos, simbolizaba o día martes. É parte do logotipo de Volvo.
Véxase tamén
Outros artigos Símbolo de Venus Símbolo de xénero
Categoría:Símbolos Categoría:Mitoloxía romana